IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

A poeta María Lado estivo no noso instituto impartindo o obradoiro “Desata a lingua” a alumnado de 1º ESO.


A intención deste obradoiro foi promover a posta en común de ideas e a redacción, a través de exercicios lúdicos, de varios puntos do manifesto colectivo do Correlingua 2023 que se lerá en todas as festas e chegará a todos os centros de Galicia.


María Lado traballou co alumnado promovendo a posta en común e priorizando a participación, o debate, o respecto e dando espazo ás rapazas e rapaces para que se expresasen sobre a situación da lingua.


Agradecemos a colaboración dos profesores Basi Pacoret e Xurxo Souto nesta actividade.


Deixámosvos algunhas imaxes deste produtivo obradoiro:

 

O próximo xoves 15 de Decembro ás 18:30 horas terá lugar o obradoiro "Educando en Igualdade", dirixido a docentes e familias. Contaremos coa presencia de David Kaplún, antropólogo e experto en  Igualdade e novas masculinidades. Animádevos a vir!

A semana pasada tivemos no noso instituto dous obradoiros de regueifa nos que participaron alumnado de 2º ESO. Despois de romper o xeo, os alumnos e alumnas acabaron regueifando, animados polos seus formadores, os regueifeiros: Josinho da Teixeira, Lorena Medela e Lupe Blanco (ex-alumna do centro).
Estes obradoiros forman parte do Proxecto Enreguéifate co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega. Podedes coñecer mellor este proxecto clicando na seguinte ligazón:

https://enregueifate.gal/

Queremos agradecer a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e a implicación do noso profesor Xurxo Souto nesta actividade.

A continuación deixámosvos unhas imaxes e ligazóns onde se ve que ben o pasaron os rapaces:

https://fb.watch/hfcTGnyXqw/
http://www.carballo.org/novas.php?id=8709&idioma=gl&sec=30

 

 

Desenvolveuse este ano no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o XXXV Congreso de Enciga, Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia.

Durante a primeira xornada o profesor de matemáticas do noso centro, Javier Fariña presentou o obradoiro “ O alumnado fai matemáxia” xunto coas alumnas de 4ºB Uxía Marrozos e Paula Varela, durante 90 minutos fixeron 7 trucos de matemaxia e a súa explicación diante dos profesores asistentes ó congreso.

Destacar que foron as Uxía e Paula as que levaron a cabo os trucos, coa explicación posterior do profesor.

As alumnas participan no taller de matemaxia que se celebra no centro dentro da actividade pátios dinámicos os meŕcores.

 

 Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Lingua Galega e da Biblioteca convocamos por cuarto ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal. 

Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. Podes consultar as bases na seguinte imaxe:

 

 

 


Anímate e participa!

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 30/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 3 membros do profesorado.
b) 3 membros dos representantes de alumnado. Esperamos que nestas eleccións o alumnado se implique na vida do centro e saían candidatos para formar parte do Consello Escolar.
c) 2 membros dos representantes das familias. Ao desaparecer a ANPA do noso centro, sería moi importante que se cubrisen estas prazas, para que os pais/nais poidan coñecer de cerca a realidade do instituto, e así poder participar das decisións que desde o Consello Escolar se poidan tomar.

 

Aquelas persoas que recibiron axudas de material escolar no presente curso escolar 22/23, poderán pasar pola administración do centro para recoller o cheque de 25€ adicional de ampliación de ditas axudas publicado no DOG do 14 de outubro de 2022.

A partires deste curso 2022-23 a xornada lectiva da tarde para ESO e Bacharelato Ordinario pasará a ser os luns de 16:20h a 18:00h.

O ciclo superior de informática terá como xornadas lectivas de tarde os martes é mércores de 15:30h a 18:00h.

Hoxe 22 de xullo publicáronse as listaxes definitivas das persoas con dereito ao fondo libros no taboleiro do instituto. Para consultalas deberase acudir ao centro, xa que non se permite facelas públicas doutro xeito. As persoas que fixeran a solicitude de forma telemática poderán consultar a resolución accedendo por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Aquelas persoas que teñan dereito á axuda para adquisición de material escolar, poderán recoller o cheque no centro a partires do día 1 de Setembro. Só se lle entregará dito cheque ao pai/nai/titor legal do alumno/a.