Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

A semana pasada tivemos no noso instituto dous obradoiros de regueifa nos que participaron alumnado de 2º ESO. Despois de romper o xeo, os alumnos e alumnas acabaron regueifando, animados polos seus formadores, os regueifeiros: Josinho da Teixeira, Lorena Medela e Lupe Blanco (ex-alumna do centro).
Estes obradoiros forman parte do Proxecto Enreguéifate co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega. Podedes coñecer mellor este proxecto clicando na seguinte ligazón:

https://enregueifate.gal/

Queremos agradecer a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e a implicación do noso profesor Xurxo Souto nesta actividade.

A continuación deixámosvos unhas imaxes e ligazóns onde se ve que ben o pasaron os rapaces:

https://fb.watch/hfcTGnyXqw/
http://www.carballo.org/novas.php?id=8709&idioma=gl&sec=30