IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas a Xela Arias (1962-2003), unha da voces destacadas da poesía galega contemporánea. 

 


 

 

Ademais de poeta, Xela Arias foi tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos.

É autora dos poemarios Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003).

 

Fixo traducións ao galego de obras como Drácula de Bram Stoker, As bruxas de Roald Dahl, Contos ao teléfono de Gianni Rodari, entre outros autores.


        Xela Arias foi unha autora con vocación feminista, transgresora e pioneira tanto na estética como na poética e cun alto grao de conciencia idiomática e estima pola lingua. “O idioma é o principal signo dunha cultura”, dicíao en 1988: “Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma, alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma”.

 

Exposición no centro


 
Se queredes coñecer máis da obra e da biografía de Xela Arias, podedes clicar nas seguintes ligazóns:

 

  

    Ademais podedes ver un videoclip da formación musical “A banda da loba” cunha versión musicada de “Intempériome”:

Esperamos que vos guste!!!

Velaí vai o vídeo-poema Tecín soia a miña tea de Rosalía de Castro interpretado pola nosa alumna Lucía Sánchez Seoane, de 2 de Bacharelato, finalista da IV edición dos Premios Casa Fundación Manuel María. Nesta edición foron 122 os traballos presentados, quedando Lucía, entre os 11 finalistas. Parabéns polo traballo realizado.

Desde o noso centro, e concretamente desde a nosa Radio Rebolondas, realizamos unha entrevista ao exalumno Pablo Iglesias co motivo do galardón recibido  neste ano tan insólito para todos nós. Trátase do Premio Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota  de admisión nos Graos do curso 2020-2021.

Pablo foi alumno do noso centro durante seis anos e agora está realizando un Grao de Educación Primaria.

Pablo recollendo o premio

É un estudante brillante e así o demostra a súa Matricula de Honra en 2º de Bacharelato, pero se temos que destacar algo máis có estritatamente académico temos que resaltar  a súa solidariedade, o seu  respecto e o seu saber estar. 

Para toda a Comunidade Educativa é un privilexio e por suposto un orgullo  que un alumno reciba un premio destas características. Na entrevista tratamos de coñecer “in situ” o que significou para Pablo este recoñecemento e as vivencias que experimentou no Parga Pondal. Do mesmo xeito, coñecemos as experiencias que está empezando a percorrer como universitario e que seguro interesarán ao noso alumnado.

Desde as nosas ondas, estamos encantados da súa visita… Grazas,  Pablo, por todo.

Pablo e Basi durante a entrevista na radio do centro

 

Aquí tedes o podcast coa gravación

Ou se o preferides, poder ver a entrevista

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coa Biblioteca convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía. O tema das fotografías será ECOSISTEMAS DA CONTORNA. Con esta actividade preténdese concienciar ao alumnado da importancia que ten o medio ambiente.

cartel concurso

A perda de ecositemas está privando ao mundo de sumidoiros de carbón, como os bosques e as turbeiras. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático catastrófico.

A perda de ecosistemas implica que se reduza o hábitat natural para os animais, creándose así as condicións idóneas para que os patóxenos, incluidos os coronavirus, se propaguen

bases concurso

Partindo de diferentes puntos de vista, o alumnado de Literatura universal (1º BAC) e  Ciencias da Terra e do Medio Ambiente (2º BAC) traballou textos literarios de  Ovidio, Garcilaso de la Vega, Rosalía de Castro, Emily Dickinson, Walt Whitman e Truman Capote. A aproximación aos textos centrouse no valor concedido  á paisaxe, plantas e flores nos textos e períodos literarios propostos, dando lugar a un enriquecedor debate que veu demostrar que os puntos de vista diferentes non son senón ferramentas para traballar o noso coñcemento. Se aprendemos a ver e interpretar desde múltiples e diferentes perspectivas, ampliamos a nosa capacidade de aprendizaxe.

Graciñas aos departamentos de Ligua Castelá e Literatura e de Bioloxía e Xeoloxía pola iniciativa.

O pasado xoves día 06/05/21 o alumnado de 4º ESO, que cursan as materias de Economía e IAEE, participaron nunha charla no IES Isidro Parga Pondal, impartida polos responsables do Espazo Coworking do Concello de Carballo xunto con dous dos usuarios deste espazo.
O Director do IES, D. Jesús Pensado, xunto co Concelleiro de Promoción Económica, D. Xosé Regueira, presentaron brevemente o Coworking, como unha proposta innovadora para aquelas persoas que se animen a emprender. 

A responsable do Carballo Coworking, Dna. Yolanda Antelo, fixo un recorrido pola historia do Coworking a nivel internacional ata chegar á comarca de Bergantiños, concretamente ao espazo existente en Carballo.

D. Francisco Fondo País, presentou a súa App "BreikoBreiko", a cal ten como sede o citado espazo de Coworking en Carballo, e tamén, D. David Moa, coworker, ex-alumno do IES, coa súa empresa da mercadotecnia dixital, chamada </agarimo.online>.

Como xa é costume dende a pandemia, o departamento de música ofrécenos cada pouco tempo, as gravacións de pezas musicais que os rapaces e rapazas preparan ao longo dos trimestres. Nesta ocasión, o alumnado de 3º ESO D, deléitanos coa interpretación de I’m a believer do grupo Smash Mouth