Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O departamento de música, en colaboración coa Biblioteca, presenta un ano máis a III Semana da Música.

Este proxecto nace coa idea de que o alumnado poida ampliar a súa formación, recibindo clases de varios profesionais invitados, versados en áreas musicais diferentes ás impartidas a diario polo profesorado deste departamento.

Estas xornadas, nas que se desenvolveran actividades como obradoiros, conferencias e coloquios, rematarán cun Concerto de Clausura a cargo do alumnado, que será dirixido polo profesorado participante.

Cartel II semana Música

Cabe destacar que contaremos cun equipo especializado destinado á gravación do son e da imaxe, o que lles permitirá aos rapaces e rapazas, descubrir esta faceta dunha forma práctica, converténdose eles, por uns instantes, en verdadeiras e verdadeiros profesionais da interpretación musical.

Coa total certeza de que estas experiencias enriquecen o coñecemento musical e artístico do alumnado e fortalecen valores indispensables para o crecemento persoal como  son o esforzo, a sensibilidade, o compromiso ou a disciplina, comenzamos, coa colaboración impagable da nosa comunidade educativa, a conta atrás para estas xornadas.

Xa estamos desexando comenzar!