Soamente poderá acceder (sen cita previa): .- Persoal docente. .- Persoal de administración e servizos. .- Alumnado. O resto das persoas deben solicitar CITA PREVIA: 881 93 04 48 cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal |
MUDAMOS DE WEB!!!
Ven a visitarnos en https://www.cifpfragadoeume.gal/
PRAZAS LIBERADAS 22/23
LISTADO DE MATERIAL 22/23
Descarga aquí a listaxe de material e uniformes.
GUÍAS CURSO 22/23
XORNADA DE ACOLLEMENTO CURSO 22/23
Descarga aquí os horarios, datas e aulas A presentación terá lugar no taller-comedor.
HORARIO APERTURA AGOSTO: Luns a venres: 10 a 13 h
LISTAXE 1ª ADMISIÓN ORDINARIA Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas (Todas as modalidades) Matriculación: do 19 de xullo ás 9:00 ao 22 de xullo ás 13:00 horas
LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES CURSO 22/23
Instruccións para consultar o código persoal de consulta (CPC)
LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDA/OS FP DUAL (SUPERIOR) Descarga aquí a listaxe provisional de admitida/os no FP Dual (superior).
ATENCIÓN:
O alumnado que aparece na listaxe adxunta coa solicitude admitida deberá asistir ás entrevistas coas empresas colaboradoras o luns 11, martes 12 e mércores 13 de xullo ás 10 horas no CIFP Fraga do Eume.
OFERTA FORMATIVA PARA O VINDEIRO CURSO 22/23: Consúltaa no vídeo, na presentación ou na imaxe de debaixo:
PROBAS LIBRES XUÑO (21/22) (Actualizado 24/05/2022)
é obrigatoria para os/as candidatos/as.
documental, implicará a baixa de oficio das
CALENDARIOS PD MAIO-XUÑO (21/22): (Actualizado 24/05/2022) RECOGIDA DE TÍTULOS El alumnado que efectuase el pago de tasas del título antes de noviembre de 2020, puede pasar por el centro a retirarlo. Para recogerlo es imprescindible que lo realice personalmente y que acredite su identidad mediante el DNI.
PLAN DE IGUALDADE (novembro 2021) PLAN DE CONVIVENCIA (abril 2022)
¿QUERES FORMARTE NUNHA PROFESIÓN CON FUTURO? INSCRÍBETE AQUÍ EN OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA
|
|
NOF do CIFP Fraga do Eume (documento) CORREOS DE INTERES DO CENTRO Acreditacións: |
GUIA DO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN |
|
PRAZOS DE ADMISIÓN FP - CURSO 2021-2022 DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA NOVOS CICLOS DE FP A oferta educativa de FP no Fraga do EUME incorpora os seguinte ciclos de grao superior: Axencias de viaxes e xestión de eventos Xestión de aloxamentos turísticos Información sobre o resto da oferta
|
Celia Leirachá Regueiro, alumna de 2º de bacharelato, participa no VII Foro de Participación Infantil e Adolescente de Galicia, no que representantes de oito Consellos Locais de Participación presentaron as súas propostas no Parlamento de Galicia.
Celia xunto a Adrián López Romaus participaron en representación do concello de Cabanas.
Coñecer o coronavirus para dominalo.
Sonia Villapol Salgado, unha destacada bióloga galega que actualmente traballa no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.) e forma parte do Equipo de Investigación Internacional da covid-19 (COV-irt.org), disertou o poasado luns 19 de novembro sobre a importancia e a maneira de coñecer o coronavirus para dominalo: conceptos básicos da covid-19, como se transmite a doenza e mais cales son os seus efectos, tratamentos e vacinas.
Mes da ciencia en galego.
En consonancia coa UNESCO, que en 2001 declarou novembro o Mes da Ciencia, o profesorado galego celebra nestas datas o Mes da Ciencia en Galego co obxectivo de mostrar que a lingua propia de Galicia é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
VÍDEO RESUMO DO ACONTECIDO
Novo éxito do concurso de cociña e coctelería que organizamos cada ano no IES Fragas do Eume, o José Rodríguez-Moldes Rei, e que se celebrou na mañá deste pasado xoves coa participación dos oito centros que conforman parte da rede galega de Formación profesional de Hostalería de Galicia, da Escola de especialidades Fundamentais da Estación Naval da Graña (Ferrol).
Ao certame acudiu, entre outros representantes da administración educativa, docentes e alumnado dos centros participantes, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, que destacou a importancia da celebración deste tipo de eventos para cumprimentar a formación do alumnado e poñer en valor o traballo excepcional que se está a facer nos centros de formación profesional. Asemade destacou a importancia da colaboración con entidades empresariais para aproveitar siñerxías cara ao desenvolvemento de proxectos de innovación e a inserción laboral.
Estiveron tamén presentes neste XXI certame "José Moldes" o alcalde do concello de Pontedeume (Bernardo Fernández Piñeiro), o alcalde de Cabanas (Carlos Ladra Brage) e representantes das empresas patrocinadoras.
Na edición deste ano, o alumnado de cociña tivo que preparar croquetas de xamón (prato tradicional) e outro con ás de polo como ingrediente principal (prato creativo). No caso da coctelaría, as persoas participantes prepararon un cóctel (receita clásica) e un combinado utilizando Pisco Barsol, de uva Quebranta e zume de laranxa (modalidade creativa).
COCIÑA
1º Premio: D. Jorge Rey Rivera e D. Daniel Fernández Quintas– IES/CIFP/EHT IES Sanxillao.
Nome dos pratos: Croquetas de Xamón. / Pito e Millo.
|
|
|
|
COCIÑA
2º Premio: D. Antonio Tacón Oubele D. Daniel López Blanco – IES/CIFP/EHT Paseo das Pontes .
Nome dos pratos: Croquetas de Xamón. / Ás do campo.
COCTELARÍA - Clásica
1º Premio (COMPARTIDO): D. Marcía Andreia Miranda Araújo - IES de Foz.
|
|
|
COCTELARÍA - Clásica
1º Premio (COMPARTIDO): D. Bruno Landrove Gómez - CIFP/IES Fraga do Eume.
|
COCTELARÍA - Creativa
1º Premio: Dña. Paula Ferrer Acuña - CIFP/IES Vilamarín.
|
COCTELARÍA - Creativa
2º Premio: D. Diego Fernández Martínez - CIFP/IES Compostela.
|
CARTEL
1º Premio: D. Jonathan Nogueira Aragunde - IES Leixa.
|
O día 20 de febreiro o departamento de lingua castelá e literatura organizou unha saída para os alumnos de 3º de ESO. Asistimos no centro Ágora da Coruña á representación teatral “EL coloquio de los perros” polo grupo Factoría Teatro.
A pesar do título, en realidade, era unha mestura entre a versión da novela exemplar de Cervantes deste título e máis unha parte do “Casamiento engañoso” . A posta en escena e o traballo dos actores foi moi meritorio e ademais puidemos facerlles preguntas ao final da representación.
Dende o departamento queremos felicitar aos nosos alumnos polo seu comportamento exemplar e sumamente respectuoso.
O noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º da ESO participou o pasado día 5 de marzo no programa "Matemáticas na Raia".
O concurso organizado por AGAPEMA (asociación galega do profesorado de matemáticas) consiste en resolver problemas de matemáticas dun xeito grupal, favorecendo así o traballo en equipo, aprendizaxes sumamente importantes para o futuro do noso alumnado.
O grupo rematou a proba tendo feito un excelente traballo. Estamos agardando o resultado, que nervios!
Esforzáronse moito, moitísima sorte para o noso alumnado.
ASÍ SERÁ A XXI EDICIÓN DO CERTAME DE COCIÑA E COCTALERÍA DO IES FRAGA DO EUME.
Modalidade de cociña: o alumnado deberá preparar croquetas de xamón (prato tradicional) e outro que terá as ás de polo como ingrediente principal (prato creativo).
Modalidade de coctelaría: as persoas participantes deberán preparar un cóctel (receta clásico) e un combinado utilizando Pisco Barsol, de uva Quebranta e zume de laranxa da marca Garnini (modalidade creativa).
Dende hai anos celébrase simultaneamente un concurso de creación de carteis anunciador do evento, no que participan centros con ensinanzas de artes gráficas e artísticas. O gañador deste ano foi Jonathan Nogueira Aragunde do IES Leixa que presentou a obra titulada As gotas do arte.
O evento conta co recoñecemento e colaboración tanto da Consellería de Cultura Educación e O.U. (a través da Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa). Tamén se suma o Concello de Pontedeume, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrolterra e outras entidades.
O luns 17 de febreiro festexamos, un ano máis, o Día de Rosalía e o Caldo de Gloria. Desta volta a celebración foi, se cabe, máis emotiva ca nunca, pois a nosa Estrela máis universal cobrou vida da man da nosa particular Rosalía, a nosa compañeira Anxos García, que nos levou da man pola vida da autora desde os seus inicios, facéndonos un percorrido vital e literario marabilloso, un percorrido que nos ensinou a muller intelixente, soñadora, forte, sensible, agradecida… que foi, é e será sempre a nosa luz e guía literaria, cultural e lingüística. En fin, hoxe vimos a constelación que forma toda a súa xenial obra literaria guiados por ela mesma e por un excepcional elenco de actrices e actores que foron mozas e mozos, cabaleiros e musas…que cantaron ao amor, ao desamor, ás alegrías, ás penas… co brillo da nosa Estrela.
O remate da festa, como non podía ser doutro xeito, púxoo unha boa escolla da nosa música tradicional e a degustación do exquisito caldo elaborado pola nosa compañeira María López, nas cociñas do Centro.
Feliz conmemoración a todas e todos!
Presentamos a continuación unha pequena mostra do acontecido.
Neste entroido tivo lugar no IES Fraga do Eume a primeira edición do Festival EumeWood. O alumnado sacou a escena, nada máis e nada menos, que 20 películas. É de destacar a calidade das comparsas, que con coreografía incluída, animaron a mañá do pasado venres 21 de febreiro no noso espectacular centro de ensino secundario.
A película gañadora foi Flashdance, na que o alumnado de 1º ESO A soubo sacar partido á súa popular banda sonora con elementos de percusión e movementos de danza que nos trasladaron a mensaxe de que para que os soños se cumpran hai que perseguilos.
O segundo premio recaeu no alumnado de 2º ESO B, que con claqueta incluída, gravou tres películas: O Gran Ditador, Teen Beach Movie e Starwars.
Luces , cámara, acción...
Aquí tedes a gravación do festival.
O pasado martes 11 de febreiro tivemos no IES unha charla/coloquio cun grupo de internos e profesionais da Unidade Terapéutica e Educativa de Teixeiro.
Realizaron unha representación teatral onde, de xeito alegórico, quixeron expresar as situacións derivadas do consumo de drogas e as súas consecuencias. A continuación os presos relataron a súa vida, como entraron en contacto coas drogas e que consecuencias tiveron para a súa vida, laboral e persoal. Ao rematar tiveron un coloquio co alumnado asistente (1º e 2º FP Básica e 4º ESO), que resultou moi interesante para todos. Neste coloquio os rapaces mostraron as súas dúbidas, inquedanzas … e fixeron varias preguntas.
Agradecemos á UTE de Teixeiro, aos seus responsables e á Fundación Barrié a posibilidade de participar neste programa. Agradecemos aos internos de Teixeiro que compartiran con nós as súas experiencias vitais e a dispoñibilidade que mostraron en todo momento.
En 2020, la Francophonie célèbre son Cinquantenaire.
C’est pour ça que nous avons invité Sarah Villard qui a fait rayonner le français au sein de notre établissement. La Suisse, où elle habite, a été le sujet de cette conférence. Nos élèves ont profité pour lui poser des questions et mettre à l’épreuve leur niveau de français. Quel succès !
Merci Sarah d’avoir répondu à notre invitation et d’être venue pour inaugurer cette année si importante.