A biblioteca do centro está a facer unha campaña de recollida e reciclaxe de produtos de escritura para colaborar cunha das protectoras de animais da comarca, en concreto, TerraCan.
Está habilitada unha caixa de cartón na entrada do centro como punto de reciclaxe e o material será levado a finais de curso á protectora.
Que buscamos? Bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, portaminas, plumas e correctores que sexan de plástico e usados.
Para que? Para o seu posterior reciclaxe e a cambio recibir diñeiro para axudar aos pelud@s.
Deixamos aquí un vídeo no que se amosan os libros e materiais incorporados á nosa biblioteca e dispoñibles para consulta e préstamo.
Comentarvos tamén que xa temos á vosa dispoñibilidade tres “e-readers” cargadiños de contidos.
Lembrade que podedes facer peticións e suxestións a través do noso correo electrónico bibliofragadoeume@gmail.com.
Galicia Le é unha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico da Rede de Bibliotecas Públicas.
Tes a túa disposición libros, revistas, películas, curtas, audiolibros...
Hai fondos para todas as idades cunha temática variada: viaxes, ficción, historia, cociña, informática, historia, biografías.
Poderás acceder en calquera lugar e momento dende GaliciaLe.gal.
O día 20 de febreiro o departamento de lingua castelá e literatura organizou unha saída para os alumnos de 3º de ESO. Asistimos no centro Ágora da Coruña á representación teatral “EL coloquio de los perros” polo grupo Factoría Teatro.
A pesar do título, en realidade, era unha mestura entre a versión da novela exemplar de Cervantes deste título e máis unha parte do “Casamiento engañoso” . A posta en escena e o traballo dos actores foi moi meritorio e ademais puidemos facerlles preguntas ao final da representación.
Dende o departamento queremos felicitar aos nosos alumnos polo seu comportamento exemplar e sumamente respectuoso.
O 19 de febreiro tivemos a sorte de acoller na nosa biblioteca á doutora en Comunicación social Mª José Masanet Jordá. O público destinatario foi o alumnado de 4º de E.S.O e 1º de BAC. A verdade é que fíxonos unha grande reflexión sobre os mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series de ficción adolescentes.