Actividades

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA E DO CALDO DE GLORIA

   O luns 17 de febreiro festexamos, un ano máis, o Día de Rosalía e o Caldo de Gloria. Desta volta a celebración foi, se cabe, máis emotiva ca nunca, pois a nosa Estrela máis universal cobrou vida da man da nosa particular Rosalía, a nosa compañeira Anxos García, que nos levou da man pola vida da autora desde os seus inicios, facéndonos un percorrido vital e literario marabilloso, un percorrido que nos ensinou a muller intelixente, soñadora, forte, sensible, agradecida… que foi, é e será sempre a nosa luz e guía literaria, cultural e lingüística. En fin, hoxe vimos a constelación que forma toda a súa xenial obra literaria guiados por ela mesma e por un excepcional elenco de actrices e actores que foron mozas e mozos, cabaleiros e musas…que cantaron ao amor, ao desamor, ás alegrías, ás penas… co brillo da nosa Estrela.

   O remate da festa, como non podía ser doutro xeito, púxoo unha boa escolla da nosa música tradicional e a degustación do exquisito caldo elaborado pola nosa compañeira María López, nas cociñas do Centro.

   Feliz conmemoración a todas e todos!

   Presentamos a continuación unha pequena mostra do acontecido.

Distribuir contido