Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

I DÍA DAS ARTES GALEGAS

O IES Fontexería sumouse á proposta de celebrar o I Día das Artes Galegas homenaxeando a Maruja Mallo.

Tanto a vida como a obra de Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez González (Viveiro,1902-Madrid, 1995), Maruja Mallo,resultan fascinantes. Considerada moitas veces como a mellor pintora europea do século XX, e unha das mellores do mundo nesa época, con permiso da súa coetánea Frida Khalo (1907-1954). Está, desde logo, entre as imprescindibles por todo o que tivo de pioneira, de orixinal e de rompedora.

exposicion maruja mallo2.jpg

EXPOSICIÓN MULLERES CIENTÍFICAS

Contamos neste curso coa exposición de Mulleres Científicas que teñen recibido o Premio Mª Josefa Wonenburger Planells.

Este galardón, que pretende resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e da tecnoloxía, é unha homenaxe á figura da matemática coruñesa que lle dá nome.

A exposición permite achegarse á figura de mulleres, ademáis da propia Wonenburger, como Tarsy Carballas,Inmaculada Paz Andrade, María Soengas Suárez, Teresa Miras Portugal...

mulleres cientificas2.jpg

PROGRAMA ADA

O IES Fontexería resultou un ano máis escollido entre os centros de Galiza nos que realizar este obradoiro, organizado polo Instituto de la Mujer, que busca promover o interese de nenas e mozas polas ramas tecnolóxicas dos estudos.

Seguindo a vida de Ada Byron como fío condutor das actividades, nun proceso gradual de motivación e descubrimento,seguindo os pasos desta interesante muller,conseguiuse que o alumnado entendese cuestións básicas de tecnoloxía e fose o protagonista do seu proceso de aprendizaxe.

Programa ADA

OBRADOIROS EN PRIMARIA

Durante a Semana Cultural realizamos os seguintes obradoiros no CEIP Ramón de Artaza, centro de referencia do noso alumnado da ESO.

"Proxecto Iguais": alumnado de Francés do segundo ciclo da ESO desenvolveu a actividade realizada neste materia, pero agora en galego, co alumnado de 2º ciclo de Primaria, constantando os prexuízos e estereotipos de xénero en relación coa profesión e o ocio das persoas adultas.

IMG_7454.jpg

Despois de "After"

Hai unhas semanas constatamos  que a serie "After" chegara ao noso centro.Puidemos observar como diversos números da serie cambiaban de mans entre as alumnas máis lectoras, e incluso entre as que non destacan pola súa paixón pola lectura.

serie after.jpg

Visita en clave feminina: A Coruña

Realizamos unha visita en clave feminina á cidade da Coruña, en colaboración co departamento de Educación Física. Dentro da actividade de Orientación en diversos entornos organizada desde este departamento, elaboramos, desde Dinamización de Igualdade, unha proposta que fusionase o exercicio de orientación nun entorno urbano, co descubrimento dunha Coruña chea de mulleres fundamentais na historia do noso país e da cidade: Juana de Vega, María Pita,Emilia Pardo Bazán, Elvira Bao, Rosalía de Casto, María Casares, María Miramontes...

teatro rosalia.jpg

OBRADOIROS 3º ESO

Nos obradoiros de 3º ESO adaptamos as actividades desenvolvidas en Guimaraes para afondar nos aspectos que nos parecen máis decisivos na construción dunha autoestima feminina forte e sana,así como na adopción de novos modelos de masculinidade por parte dos alumnos.

Nos Obradoiros de Autoestima Feminina abordouse as distintas formas de presión sobre os corpos das mulleres: corpos permanentemente observados, avaliados, segmentarizados, hipersexualizados para o precer do "outro", etc...

obradoiro autoestima4.jpg

Campaña 8 de Marzo

Este 8 de marzo ocupas todas as portas das aulas con conceptos básicos das loita polos dereitos das mulleres: coeducación, linguaxe sexista, estereotipos de xénero...

exposición antisufraxismo4.jpg

Día de Rosalía

O Día de Rosalía- ou mellor dito, durante a semana de Rosalía-, elaboráronse en toda a ESO marcapáxinas con diversas imaxes da autora e unha escolma de versos, que se repartiron cunha flor o 24 de Febreiro entre todo o alumnado do centro.

Aceptamos, ademáis,  o reto de Rosaliarnos, co Photocall que se organizou a partires do cartel realizado por "El Patito Editorial".

Completamos a actividade coa realización dun "mannequin-challengue" con motivos alusivos a Rosalía.

foto call.jpg

Campaña 25 de Noviembre

Celebramos o 25N, Día Mundial contra a Violencia cara as Mulleres, reeditando a campaña de Igualdina e do Lazo Branco co alumnado de 1º ESO. Co alumnado de 2º ESO realizamos un mural de rostros de mulleres que colocamos na entrada do centro, co lema "Violencia de Xénero, NON!

En 3º ESO visionamos a película "Solas" e en 4º "Te doy mis ojos".

Para o profesorado, trasladamos á cafetaría a proposta realizada desde o equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Castro Alobre, de Vilagarcía: Café (con)versos contra a violencia de xénero.

 

 

lazo brancojpg.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut