Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

O noso proxecto "Por unha xenealoxía feminina nos currículos escolares" recollido como exemplo de boa práctica

A Universidade de Vigo vén de publicar o libro "Mujeres Matemáticas:las grandes desconocidas", escrito por Amelia Verdejo Rodríguez, membro do departamentod e Matemáticas da Facultade de Ciencias Económicas desta universidade.

QUE FALEN AS AVOAS

Dentro do proxecto "Nós tamén navegar", que nos valeu ao IES Fontexería o Premio Concepción Arenal 2017 da deputación da Coruña, incluíamos a elaboración dun vídeo coas valoracións das mulleres de maior idade -"as avoas"- sobre os avances que teñen vivido como mulleres nas súas vidas. Tratábase de poñer en valor aspectos como poñer pantalóns por primeira vez, aprender a conducir, mandar as fillas a estudar,divorciarse...infinidade de pequenos cambios nas súas vidas que foron abrindo camiño para as xeracións máis novas.

PELÍCULAS QUE EDUCAN

Deixámosvos aquí,a modo de balance, as películas que neste curso empregamos para traballar diversas temáticas. O feito de que algunhas causasen sensación-e fosen visionadas por máis alumnado que o público por nós inicialmente escollido-dificúltanos o traballo de análise das mesmas e a planificación para cursos vindeiros, pero é sen dúbida a mellor proba de que o alumnado é receptivo a aquelas películas que falan de temáticas coas que se poden identificar.

jane eyre3.jpg

CHARLA DE IVÁN VÁZQUEZ, XORDO E GRAN COMUNICADOR

Entre as actividades organizadas desde a comisión de convivencia e mediación no curso 2016-2017 cómpre salientar,polo seu inpacto e  acollida entre o alumnado, a charla dada por Iván Vázquez, en colaboración da APSSC (Asociación de Persoas Sordas de Santiago). O título da charla "Si ves en positivio mi discapacidad, podrás ver de que soy capaz", é o mellor resumo da experiencia por el transmitida.

charla xorden4.jpg

COMUNICACIÓN POSITIVA

Entre os propósitos de curso novo (2017-2018) temos poñer en marcha o proxecto "Conta comigo", de titorización de alumnado de 1º ESO por parte de alumnado de 3º ESO. Como preparación para este proxecto, traballamos coas titorías de 2º ESO, a finais de curso, diversas dinámicas de comunicación en positivo, técnicas de resolución de conflitos,mediación.

el-manual-de-ejercicios-para-sentirse-bien.jpg

Mulleres STEM

Neste curso 2016-2017, o departamento de Tecnoloxía, en colaboración co departamento de Inglés, axudou a visibilizar as achegas de tantas e tantas mulleres STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Tamén se traballaou desde esta materia a seguridade en internet, incluíndo nocións como o sexting, sex-extorsion, etc..Neste nelace podes acceder aos contidos do curso.

V ENCONTROS DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

O IES Fontexería participou, un ano máis,nos encontros de centros para unha convivencia positiva, que tivo lungar en Viana do Bolo, os días 2 e 3 de xuño de 2017.

Acudimos docentes e alumnas en representación do centro,participando as alumnas nos obradoiros " A emoción ao servizo da igualdade", "A emoción a través da imaxe" e "A realidade a través das TIC". Todos eles foron moi ben valorados polo alumnado, salientando as nosas alumnas a perspectiva de xénero incluída en todos eles.

convivencia viana do bolo.jpg

Women Who Walk the World

O IES Fontexería aceptou o convite para participar nas xornadas organizadas en Negreira, xunto con outros institutos da zona, da Organización Non Gubernamental Women Who Walk the World, nas que se buscou orientar, apoiar, asesorar e potenciar a confianza das alumnas participantes,todas elas de ámbetos rurais.

CHARLAS CIM

Un ano máis contamos no IES Fontexería coa colaboración do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Muros. Nesta ocasión impartiron charlas de prevención da violencia de xénero ao alumnado de 1º ciclo da ESO.Co título Eu..., quen son? promoveron a reflexión entre o alumnado para axudarlles a se coñeceren e aceptaren, así como aprender a valorar a diversidade e aceptar a diferenza. Un punto de partida imprescindible para afortalar a autoestima imprescindible para non reproducir comportamentos violentos.

ALDAOLADO

Tivemos entre nós nesta Semana Cultural a Lucía Aldao e María Lado. Con humor, poesía e música disfrutamos do seu espectáculo en clave feminina. Ambas utilizan a poesía para botar unhas risas, o humor para compartir poemas, sempre acompañadas da música en directo.

Dúas mulleres empoderadas capaces de trasmitir cultura e frescura,atrapando ao alumnado de todas as idades.

aldaolado3.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut