Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

PELÍCULAS QUE EDUCAN

Deixámosvos aquí,a modo de balance, as películas que neste curso empregamos para traballar diversas temáticas. O feito de que algunhas causasen sensación-e fosen visionadas por máis alumnado que o público por nós inicialmente escollido-dificúltanos o traballo de análise das mesmas e a planificación para cursos vindeiros, pero é sen dúbida a mellor proba de que o alumnado é receptivo a aquelas películas que falan de temáticas coas que se poden identificar.

Baisers Cachés (Besos ocultos), de temática gay entre adolescentes. Inmellorable o tratamento que fai sobre o corpontamento das persoas adultas que se enfrontan á reacción social ante un rapaz que decide non quedar atrapado "no armario".

Fucking Amal, de temática semellante a Baisers Cachés, entre lesbianas. Máis antigua, mantén aínda así o interese do alumnado, a pesares de non abordar tantos aspectos potencialmente conflitivos como a anterior.

The Imitation Game, sobre a vida de Alan Touring, o matemático que se acabaría suicidando pola persecución á que se veu sometido pola súa opción sexual. 

Hidden Figures, un excelente retrato das dificultades que enfrontaron mulleres afroamericanas traballadoras da NASA nos anos 60, dobremente discriminadas pola súa condición racial e de xénero.

Thelma e Louise, un clásico que repiten ano tras ano desde o departamento de Filosofía, e que permite moitos debates éticos entre o alumnado.

En Tierra de Hombres, uha interesante película que permite analizar "o pacto entre varóns", ou a lei do silencio que opera incluso en casos de acoso laboral e / ou sexual por parte dalgúns homes, mentres o resto mira para outro lado.

Solas, sigue a ser unha película que permite detectar as diferentes sensibilidades entre o alumnado. Desde 3º ESO é unha película altamente recomendable, a pesares da súa dureza emocional, xa que ofrece unha información reveladora,pola reación que provoca, sobre que alumnado está máis en contacto coa violencia no seu entorno afectivo.

Jane Eyre, unha concesión ao romanticismo e unha viaxe no tempo para entender de onde vimos. Unha excelente opción para traballar desde a materia de Inglés, nunha aproximación ás primeiras escritoras que facían honor á idea de que "as mulleres que escriben tamén son peligrosas".

La familia Bélier, visionada en francés, trata dunha familia onde todo o mundo é xordo agás a filla maior, de 16 anos, que vive con dificultade a decisión de separarse da súa familia-para seguir os seus estudos. Unha excelente introdución á charla sobre como é vivir na nosa sociedade sendo xordo de nacemento que deu semanas máis tarde no noso centro Iván Vázquez.

besos ocultos.jpg
hidden figures.jpg
fuckin amal.jpg
jane eyre exercises.jpg
jane eyre1.jpg
the imitation game.jpg
jane eyre3.jpg
AdxuntoTamaño
traballo Thelma e Louise.pdf516.76 KB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut