Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización de Igualdade

Quérote +: unidade 5

Imaxes correspondentes ás actividades da ficha 5- "A relación dos sexos a través da Tecnoloxía" concienciando ao alumnado de 3º ESO no uso da tecnoloxía de xeito responsable e positivo e reflexionando sobre o seu uso nas relacións persoais; visiualizáronse os vídeos da web Pantallas Amigas, o vídeo doble check, debatindo sobre o seu contido; así como algúns elaborados polo equipo de dinamización dasTIC do propio centro (obradoiro de seguridade informática).  

En relación á unidade 5, desenvolveuse, ademais, o obradoiro "Cibermentorías: apoio entre iguais para a mellora da convivencia nas redes sociais en centros escolares", dirixido ao alumnado, a cargo de Javier García Barreiro, durante os VI Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva, no IES Plurilingüe Fontexería. En paralelo, para o profesorado, tivo lugar a charla de Guillermo Cánovas, "A formación da personalidade de alumnas e alumnos en internet".

 
 

Quérote + : unidade 8

Productos finais elaborados polo alumnado de 3ºESO, en relación ás unidades 3, 4 e 6:

- Carteis resultado do análise nos medios dos clichés asociados ao modelo de amor romántico.

-Vídeo da dinámica de círculo cunha representación por parte do alumnado de 3º ESO dunha situación de presión de grupo realizada no desenvolvemento da unidade 6

17_0.jpg

Campaña contra a homofobia "Non son o teu chiste"

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase tamén o Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia;  28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTB. A cabalo entre ambas datas, o 14 de xuño, celebramos no noso centro unha xornada de denuncia e reivindicación ao redor da campaña "Non son o teu chiste".

 

5.jpg

Prexuízos sexistas bioloxicistas

Na materia de Anatomía Aplicada de 1º BAC traballaronse os prexuízos e estereotipos sexistas do alumnado, analizando o peso do argumento bioloxicista na xustificación dos mesmos. Os artigos da revista "Investigación y Ciencia: Sexo, Género y Ciencia" serviron de base á profesora para analizar as falacias bioloxicistas presentes na sociedade, así como artigos e libros da xornalista científica Cordelia Fine.

R revista ciencia.jpg

Homenaxe a Belén Feliú

Nos últimos anos NL, en colaboración con Dinamización de Igualdade celebrou o "Día das Galegas nas Letras",para denunciar a discriminación das escritoras na celebración do Día das Letras Galegas. 

Este ano, dedicado a Mª Victoria Moreno optouse por manter a actividade de visibilización de escritoras galegas,paralelo á celebración do 17 de Maio, facéndolle unha homenaxe á escritora e antiga profesora deste instituto Belén Feliú. A lectura de poemas da autora por parte de alumnado do centro foi gravada en vídeos dos que faremos a edición completa á volta do verán.

 

Ética e Filosofía con perspectiva de xénero

Na materia de Ética e Filosofía do Dereito, así como en Valores Éticos a perspectiva de xénero está presente de xeito transversal de maneira constante. Deixamos aquí algúns dos traballos realizados polo alumnado que o reflicten:

-A droga do amor, de Lorena Ferreirós, en Valores Éticos

-Universalismoe e relativismo: a discriminación da muller, de Brais Pena, en Ética e Filosofía do Dereito

- Misoxinia no Dereito, de Marta León, en Ética e Filosofía do Dereito

Volven "Aldaolado" ao Fontexería

O dúo poético-musical composto por Lucía Aldao e María Lado son un exemplo de trasversalidade educativa...música, poesía, normalización lingüística, igualdade...Mulleres así de creativas e empoderadas sirven de exemplo para as nosas alumnas e son un divertido revulsivo para o machismo. Parabéns ao departamento de galego e a NL por teren as gafas violetas postas en cada proposta que fan.

R5.jpg

Eva Mejuto está connosco "22 segundos"

O noso alumnado de 4º ESO puido escoitar e debater con Eva Mejuto sobre o libro que leron no segundo trimestre do curos, "22 segundos".

eva3.jpg

Difundindo o noso proxecto coeducativo

Nos meses de febreiro e marzo o IES Plurilingüe Fontexería foi convidado a visibilizar o seu proxecto coeducativo en actos organizados polo CFR da Coruña, Ourense e o CAFI en Compostela. Tamén recibimos o convite para participar nas III Xornadas de Coeducar en Igualdade organizadas polo sindicato STEG, así como a colaborar coa revista EDUGA cun artigo sobre os obradoiros de Novas Masculinidades que desenvolvemos cos alumnos varóns.

IMG-20180215-WA0001.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut