Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización de Igualdade

Obradoiros no CEIP Ramón de Artaza

Logo da boa experiencia do ano pasado, repetimos este curso! Nesta ocasión foi alumnado máis novo, de 3º ESO-todas as alumnas e alumnos dos dous grupos que temos-o que realizou obradoiros de igualdade no CEIP Ramón de Artaza, centro de referencia do noso instituto e onde cursaron Primaria practicamente todas elas e todos eles.

IMG_20180316_115313_HDR.jpg

Matemáticas, astronautas, enxeñeiras...que dan que falar

Alumnas e alumnos de 3º ESO realizaron breves exposicións orais fronte ao seu grupo-aula, nos últimos 10 minutos de cada clase de matemáticas, dando a coñecer a vida e obra de mulleres coma Valentina Tereskova, Mary Somerville, Emmy Noether, Grace Hopper, Sally Ride, Hedy Lamarr...O obxectivo desta actividade, ademais de visibilizar as achegas destas mulleres, é potenciar a capacidade do alumnado para facer exposicións orais fronte a un público receptivo pero crítico!

R6.jpg

Muller tiña que ser!

O 8 de Marzo máis reivindicativo que lembramos, celebrouse no IES Fontexería baixo o lema "Muller tiña que ser!", cunha campaña de visibilización de mulleres de diversos ámbetos científicos, empregando o xogo de cartas sobre mulleres científicas co se traballou nas materias de Francés e Inglés.

Ralumnas3.jpg

Eli Ríos analiza co alumnado de 1º BAC a súa obra "Luns"

O alumnado de1º BAC do noso instituto puido conversar coa autora da novela "Luns", que leron no primeiro trimestre do curso, sobre aspectos concretos desta obra, así como da violencia de xénero e o papel da muller na nosa sociedade hoxe en día.

 

2.jpg

MUROS DE NEGRO

O IES Plurilingüe Fontexería sumouse, un ano máis, a campaña do 25 de Novembro,día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres", con diversas actividades educativas para sensibilizar ao alumnado da importancia da loita social contra a violencia machista. Nesta ocasión, colaboramos, ademais,coa campaña desenvolvida desde o concello "Muros Negro". O alumnado do primeiro ciclo da ESO elaborou carteis da campaña para colocar por todo o centro e nas fiestras das súas casas.

Rcontra a violenciajpg.jpg

O noso proxecto "Por unha xenealoxía feminina nos currículos escolares" recollido como exemplo de boa práctica

A Universidade de Vigo vén de publicar o libro "Mujeres Matemáticas:las grandes desconocidas", escrito por Amelia Verdejo Rodríguez, membro do departamentod e Matemáticas da Facultade de Ciencias Económicas desta universidade.

QUE FALEN AS AVOAS

Dentro do proxecto "Nós tamén navegar", que nos valeu ao IES Fontexería o Premio Concepción Arenal 2017 da deputación da Coruña, incluíamos a elaboración dun vídeo coas valoracións das mulleres de maior idade -"as avoas"- sobre os avances que teñen vivido como mulleres nas súas vidas. Tratábase de poñer en valor aspectos como poñer pantalóns por primeira vez, aprender a conducir, mandar as fillas a estudar,divorciarse...infinidade de pequenos cambios nas súas vidas que foron abrindo camiño para as xeracións máis novas.

PELÍCULAS QUE EDUCAN

Deixámosvos aquí,a modo de balance, as películas que neste curso empregamos para traballar diversas temáticas. O feito de que algunhas causasen sensación-e fosen visionadas por máis alumnado que o público por nós inicialmente escollido-dificúltanos o traballo de análise das mesmas e a planificación para cursos vindeiros, pero é sen dúbida a mellor proba de que o alumnado é receptivo a aquelas películas que falan de temáticas coas que se poden identificar.

jane eyre3.jpg

Mulleres STEM

Neste curso 2016-2017, o departamento de Tecnoloxía, en colaboración co departamento de Inglés, axudou a visibilizar as achegas de tantas e tantas mulleres STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Tamén se traballaou desde esta materia a seguridade en internet, incluíndo nocións como o sexting, sex-extorsion, etc..Neste nelace podes acceder aos contidos do curso.

V ENCONTROS DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

O IES Fontexería participou, un ano máis,nos encontros de centros para unha convivencia positiva, que tivo lungar en Viana do Bolo, os días 2 e 3 de xuño de 2017.

Acudimos docentes e alumnas en representación do centro,participando as alumnas nos obradoiros " A emoción ao servizo da igualdade", "A emoción a través da imaxe" e "A realidade a través das TIC". Todos eles foron moi ben valorados polo alumnado, salientando as nosas alumnas a perspectiva de xénero incluída en todos eles.

convivencia viana do bolo.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut