Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

I Xornadas de Convivencia e Igualdade

Grazas a termos recibido o III Premio Plan Proxecta do curso anterior, puidemos realizar esta actividade de convivencia e igualdade durante unha fin de semana en Guimaraes. Alí puidemos afondar na liña de traballo que levamos xa un par de cursos explorando: obradoiros de autoestima para alumnas e de novas masculinidades para alumnos. Visionouse tamén a película "En tierra de hombres", sobre o acoso laboral e sexual cara as mulleres pioneiras nas minas en EUA.

 

obradoiro masculino.jpg

Vídeo "Antipatriarca"

Comezamos o curso realizando o Vïdeo "Antipatriarca", nunha versión muradana da combativa canción da rapera chilena Ana Tijoux. Podedes ver o resultado premendo neste enlace.

IMG_20160622_090910.jpg

Vídeo "Antipatriarca"

Comezamos o curso 2016-2017 coa materia que deixaramos para setembro: editar o vídeo “Antipatriarca”, realizado coas esceas gravadas polo alumnado de 3º ESO do curso anterior.

Traballo cooperativo a distancia con outros centros en TIC de 4º de ESO

Este ano os alumnos de TIC de 4º de eso participan nunha actividade cooperativa, creada polo profesor D. Marco López, con tres institutos da provincia de Lugo: o Leiras Pulpeiro de Lugo, o Río Miño de Rabade e o Lama de Quendas de Chantada.

A actividade consiste na creación dun blog e dunha paxina web mediante traballo cooperativo coordinado a distancia. O procedemento é o seguinte unha parella de alunmos dun instituto debe traballar con outra parella dun segundo instituto e sendo titorizados por un profesor dun tercer instituto.

As actividades son as seguintes:

A XXVIII Semana Cultural en marcha

A XXVIII edición da Semana Cultural do IES Fontexeria está en pleno rendemento.

Até agora varias películas, obradoiros, colaboracións co CEIP Ramón de Artaza, diversas charlas divulgativas, exposicións ...

Como pratos fortes nestes dous primeiros días podemos destacar a presentación do libro Un Cesto de Mazás, coa presenza da súa autora Montse Fajardo, ou a subida á Moa (Monte Pindo).

Presentación Curso 2016-17

Horario de presentación do alumnado para o curso 2016-17.

Premio Plan Proxecta 2016

A Dinamización de Igualdade do IES Fontexería obtivo o terceiro Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016, na categoría de centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros públicos de educación e promoción de adultos e conservatorios de música. O premio ten unha dotación económica de 2.000 euros.

Parabéns!

Obradoiros de Autoestima feminina e Novas masculinidades

O profesor de Filosofía realizou 4 obradoiros de “novas masculinidades” con cada grupo de alumnos de 3º ESO. Simultáneamente, a profesora de matemáticas realizou obradoiros de “autoestima feminina” coas alumnas. Optouse por dinámicas con separación do alumnado por sexos por considerármolo esencial para conseguir un ambiente cómodo e participativo entre alumnas e alumnos. Cómpre salientar que estes obradoiros tiveron unha grande aceptación, demandando o alumnado que se realizasen máis sesións. Por cuestións de temporalización – tiveron lugar no último trimestre, perto das datas de maior concentración de exames- e pola necesidade de máis formación da profesora e do profesor implicados, non se realizaron máis sesións. Porén, será unha das liñas prioritarias de actuación do curso vindeiro

Os obradoiros de “novas masculinidades” e de “autoestima feminina” foron das actividades mellor valoradas polo alumnado, percibíndose a necesidade que ten o alumnado de poder falar con persoas adultas sobre cuestións que lles afectan directamente durante a adolescencia. 

Enlace de interese: Micromachismos: Voces de hombres por la igualdad.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut