Premio Plan Proxecta 2016
A Dinamización de Igualdade do IES Fontexería obtivo o terceiro Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016, na categoría de centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros públicos de educación e promoción de adultos e conservatorios de música. O premio ten unha dotación económica de 2.000 euros.