Skip to Content

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Este venres estamos de Entroido no noso IES! Todas as aulas participan no concurso de coplas e competirán por acadar a mellor ambientación de aula. Moita sorte a todos e que comece a diversión!

CAMPAMENTO DA LANZADA 2023

Compartimos esta información que nos fai chegar o Concello de Vilanova e de posible interese para o noso alumnado de 1º ESO:

CONCURSO DE SAN VALENTÍN: AMA COA LINGUA

Animádevos a participar no noso concurso de San Valentín! A Biblioteca xunto cos departamentos de Linguas do noso IES organizan un concurso no que podedes demostrar as vosas competencias plurilingües á hora de expresar a universalidade do amor. Ama coa lingua!

CONTINUAMOS FOMENTANDO UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Iniciamos a segunda semana da froita, que está tendo moita aceptación entre o noso alumnado. Quen dixo que comer san non é divertido?

COMEZA A SEMANA DA FROITA

Comezamos a primeira quenda da semana da froita no Faro das Lúas. Un curso máis todo o alumnado poderá gozar durante os recreos de deliciosas brochetas de froitas variadas, ademais de plátanos, mazás, mandarinas...

Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes da semana da froita do pasado mes de maio. 

CHARLA "POLA IGUALDADE E FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

Interesante charla impartida polo sociólogo e sexólogo Erick Pescador no IES A Basella o próximo 31 de xaneiro ás 18:30, dirixida a familias e profesorado:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut