Skip to Content

CAMPAMENTOS DA XUNTA 2023

Abriuse o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán da Xunta de Galicia. Se vos interesa, tedes ata o 2 de maio.

CHARLA PARA AS FAMILIAS

Este xoves día 20, ás 19:00 horas, organizada polo centro e coa colaboración co CFR Pontevedra e ENAPAS (Escola de nais e Pais), celebrarase no salón de actos do noso IES unha charla dirixida ás familias sobre os riscos de Internet que afronta o noso alumnado.

Un especialista da Garda Civil achegaranos valiosa información sobre temas tan sensibles como a ciberseguridade, a adicción ás redes sociais, o ciberacoso, a privacidade en Internet, a protección de datos, o sexting, o grooming ... 

Animamos a todas as familias que o desexen a achegarse ata o noso centro. Será sen dúbida unha charla moi interesante e instrutiva que nos permitirá resolver moitísimas dúbidas.

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

Enmarcadas dentro do Plan Director do centro, o alumnado de 1º e 2º ESO está a recibir unhas charlas sobre ciberseguridade impartidas pola Garda Civil. Hai moito que aprender sobre as ameazas na rede das que non sempre, tanto mozos como adultos, somos conscientes.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de Matemáticas vén de organizar un Concurso de Fotografía Matemática. Estes foron os afortunados gañadores:

CORRECCIÓN DE ERROS NOS NÚMEROS GAÑADORES DO SORTEO SOLIDARIO

Rectificamos un erro producido nun dos números premiados no sorteo solidario do 31 de marzo. En lugar do 362, o número correcto é o 364.

                              364 - 368 - 374 - 382 - 387

    390 - 392 - 400 - 408 - 425

    428 - 435 - 442 - 466 - 473

BOLSAS EUROLINGUA 2023

Últimos días para solicitar as bolsas Eurolingua.

Preme aquí para acceder á información e facer a solicitude: 

Distribuir contido


by Dr. Radut