Skip to Content

SAÍDA DIDÁCTICA A CAMPOLAMEIRO

Os Departamento de Xeografía e Historia e o de Bioloxía e Xeoloxía organizaron unha visita ao Parque Arqueolóxico Rupestre de Campolameiro para o alumnado de 1º ESO. Alí puideron admirar os seus petróglifos e participar en varios obradoiros, como por exemplo o do lume. Remataron a xornada nunha marabillosa contorna natural como son as fervenzas de Barosa (Barro) e os seus antigos muíños de auga.

RECORDATORIO IMPORTANTE

DOAZÓN SOLIDARIA AO REFUXIO DE CAMBADOS

Moitas grazas a Olga Costa, presidenta do Refuxio de Animais de Cambados, por achegarse ao noso centro a falarnos do seu labor á fronte desta protectora. Os rapaces e rapazas de 2º ESO, representados por Sara Piñeiro e Leo Pilz, fixéronlle entrega da recadación acadada co noso sorteo solidario.

CAMPAMENTOS DA XUNTA 2023

Abriuse o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán da Xunta de Galicia. Se vos interesa, tedes ata o 2 de maio.

CHARLA PARA AS FAMILIAS

Este xoves día 20, ás 19:00 horas, organizada polo centro e coa colaboración co CFR Pontevedra e ENAPAS (Escola de nais e Pais), celebrarase no salón de actos do noso IES unha charla dirixida ás familias sobre os riscos de Internet que afronta o noso alumnado.

Un especialista da Garda Civil achegaranos valiosa información sobre temas tan sensibles como a ciberseguridade, a adicción ás redes sociais, o ciberacoso, a privacidade en Internet, a protección de datos, o sexting, o grooming ... 

Animamos a todas as familias que o desexen a achegarse ata o noso centro. Será sen dúbida unha charla moi interesante e instrutiva que nos permitirá resolver moitísimas dúbidas.

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

Enmarcadas dentro do Plan Director do centro, o alumnado de 1º e 2º ESO está a recibir unhas charlas sobre ciberseguridade impartidas pola Garda Civil. Hai moito que aprender sobre as ameazas na rede das que non sempre, tanto mozos como adultos, somos conscientes.

Distribuir contido


by Dr. Radut