Skip to Content

CONSELLO ESCOLAR: ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMANDO

O próximo día 29 de novembro, en horario de 16:30 a 18:30, celebrase neste

Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as

legais do alumnado no Consello Escolar do IES Faro das Lúas.

 

 1º.-Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado

matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral

e que está colgado no taboleiro do centro.

 

 2º.- Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, secreto e non delegado.

b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán os fixados pola Xunta

Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as e cada elector/a

deberá marcar cunha cruz un máximo 1 nome debendo acreditar a súa

personalidade mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será

público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

A dirección do IES Faro das Lúas anima a todos os pais, nais e titores/as legais

do alumnado a que participen na votación do próximo martes 29, como unha

forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a

máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

1ª ACTIVIDADE DE COHESIÓN ENTRE O ALUMNADO DE 1º E 3º ESO. CURSO 22-23

Continuamos un ano máis co noso programa de titorización entre iguais no que o alumnado de 3º se converte en mentor do alumnado de 1º. Nesta primeira sesión os rapaces e rapazas de 3ºA presentáronse á clase de 1ºB e xuntos levaron a cabo unha actividade de cohesión na que se entrevistaron uns a outros.

MAGOSTO 2022

O pasado venres 11 de novembro celebramos o magosto como vén sendo tradición no noso centro. Houbo castañas para todos e partidos de brilé.

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Esta semana o alumnado de 1° ESO acudiu á Biblioteca municipal de Vilanova de Arousa para recoller os seus carnés da biblioteca e coñecer de primeira man como realizar préstamos, cales son os fondos aos que teñen acceso e todos os pequenos tesouros dos que poden desfrutar como usuarios da Rede Galega de Bibliotecas Públicas de Galicia. Agradecemos especialmente a Jorge, o bibliotecario, a súa implicación para levar adiante esta formación.

REGUEIFANDO NO FARO DAS LÚAS

Por iniciativa do Departamento de Lingua Galega, este mércores o alumnado de 3º ESO rematou a formación de "Introdución á regueifa".

Queremos expresar o noso agradecemento a Lupe Blanco e Bieito Lobariñas, regueifeira e regueifeiro que nos mergullaron de cheo na improvisación oral galega e conseguiron sacar todo o talento que o noso alumnado tiña agochado.

 

PROGRAMA OUTONO XOVE

 Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia pon en marcha unha  nova edición de #OUTONOXOVE, un programa de educación non formal con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante os fins de semana de novembro e decembro nos albergues xuvenís de Galicia.

  A organización MAREXADA levará a cabo un dos programas, “O NAUFRAXIO” no 
Albergue Xuvenil de As Sinas en Vilanova de Arousa. Ofértanse un máximo de 20 prazas en total para este programa. As actividades comezarán a partir do 11 de novembro e o prazo de inscrición está aberto dende o 2 de novembro. As solicitudes deberán realizarse no seguinte link:

http://xuventude.xunta.es/formularios/formulario-de-solicitude-outono-xove-2022-programas-de-14-a-17-anos

As prazas asignaranse por estrita orde de chegada.

Premede na imaxe para acceder á web oficial de Outono xove e descubrir máis actividades.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut