Skip to Content

PUBLICACIÓN DE CUALIFICACIÓNS

INFORMAMOS ÁS FAMILIAS QUE AS CUALIFICACIÓNS DO ALUMNADO PUBLICARANSE A TRAVÉS DE ABALAR NO DÍA DE HOXE ÁS 15:00 H.

LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO EN 1º ESO

Infórmase de que todo o alumnado solicitante de reserva de praza en 1º ESO foi admitido.

Xa están publicadas as listaxes de alumnado con praza reservada, que poderán ser consultadas polas familias das seguintes formas:

       1. Presencial: No taboleiro de anuncios do IES


       2. Non presencial: A través da aplicación admisionalumnado,

          empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

RESULTADO DO SORTEO SOLIDARIO

No día de hoxe realizamos o sorteo de produtos artesanais cuxa recadación irá destinada a fins solidarias.

Os números agraciados son os seguintes:

 

      362 - 368 - 374 - 382 - 387

     390 - 392 - 400 - 408 - 425  

   428 - 435 - 442 - 466 - 473

 

       Parabéns ás persoas afortunadas!

PRAZAS VACANTES CURSO 23-24

Informamos sobre o número de prazas vacantes no centro IES Faro das Lúas de cara ao curso 2023-2024:

RUTA QUETZAL 2023

Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa didáctico-aventureiro Ruta Quetzal, queterá lugar entre o 1 e o 14 de xullo.

Este ano, a expedición conta co patrocinio da Xunta de Galicia e denomínase Expedición 2023, Hacia la Luz del Fin del Mundo. Os 200 participantes seleccionados partirán dun campamento en Vilanova de Arousa e remontarán o río Ulla por Catoira, Valga e Pontecesures (Mar de Santiago). A continuación desprazaranse ata a localidade Portuguesa de Ponte da Lima, logo descenderán en kayak polo río Lima ata Viana do Castelo, onde establecerán un campamento e terán tempo de coñecer diversos puntos de interese. Posteriormente viaxarán ata Santiago de Compostela, e desde alí percorrerán a pé o Camiño ata Fisterra, continuando polas distintas localidades e faros da Costa da Morte e chegando finalmente á Torre de Hércules en A Coruña.

Para inscribirvos, tedes que cubrir o formulario que podedes atopar premendo nesta ligazón: formulario de inscrición

Necesitaredes unha fotocopia do DNI (pdf), o certificado de estudos coa nota media de 3ºESO (pdf) e unha foto tamaño carnet (png ou jpg).

O prazo de inscrición finaliza o 24 de marzo ás 12 do mediodía.

Cada participante deberá aportar unha cuota de 200€.

Hai 10 prazas reservadas para rapaces e rapazas das catro localidades que conforman a corporación Mar de Santiago, que serán escollidos polas súas cualificacións académicas.

Tedes toda a información na páxina web de Ruta Quetzal:

www.rutaquetzal.com

GAÑADORES DOS CONCURSOS DE ENTROIDO 2023

Xa temos os gañadores do concurso de coplas e o de ambientación de aulas! Pero antes de coñecelos, podes ver os álbumes de fotos e vídeos das actuacións e coplas premendo nas seguintes ligazóns:

Distribuir contido


by Dr. Radut