Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Bioloxía

OLIMPIADA DE BIOLOXIA

Juan Brandariz Castro segundo, Sofía Martínez Diz-Lois terceira. O Eusebio representará a Galicia na nacional por terceiro ano consecutivo.

Enlace ao artigo publicado en La Voz de Galicia

Enlace a máis fotos

Inauguración do laboratorio de Bioloxía

O día 25 de maio levamos a cabo a presentación oficial do laboratorio de Bioloxía do centro. O laboratorio de Bioloxía foi completamente renovado hai dous anos, cambiando a distribución dos espazos, a fontanería, a electricidade (aumentando a seguranza nas tomas de forza), mellorouse o solo e variouse a distribución de espazos. Tamén fixemos renovacións no departamento adxunto coa mellora do solo, cambio de mobiliario e a redistribución dos espazos de reunión e traballo.

Nestes dous anos incrementamos as horas de laboratorio impartidas ao alumnado e o número de prácticas realizadas. Tamén foi utilizado para as actividades de proxectos no centro como o Stembach, o proxecto COdos, o equipo TIC ou o proxecto Darwin.

Hai dous anos tamén decidimos poñer nome ao laboratorio e facer unha inauguración oficial que se foi pospoñendo ata este 25 de maio. O laboratorio recibe o nome de ‘Laboratorio de Bioloxía Charles Darwin’. 

Este 25 de maio de 2023, entre os actos de inauguración, fixemos unha interpretación sobre a vida do naturalista Charles Darwin  interpretada polo alumnado da materia de bioloxía de 1º de Bacharelato. 

Deixámosvos aquí o vídeo da obra titulada ‘Biografía de Darwin’ e interpretada no salón de actos do centro. Esperamos que vos guste. 

Sinapse: Un equipo de alumnado está encargado da presentación do laboratorio explicándonos porque recibe o nome de Charles Darwin. Con algún que outro problema consiguen rematar unha boa (e curiosa) explicación.

Inés Vázquez Rey, alumna do centro, recibe MENCIÓN no XIII concurso Incubadora de Sondaxes

Inés Vazquez Rey recibe MENCIÓN na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos no XIII concurso de Incubadora de Sondaxes organizado por SGAPEIO. O seu traballo, "Competente, Atractiva y mujer: la combinación imposible" foi titorizado pola profesora Chus Mourazos no curso 2021-2022 na materia Cultura Científica de 1º de bacharelato. 

A organización agradece ao centro a súa participación cos traballos presentados. 

A fase final para seleccionar o traballo gañador e recollida de premios e mencións será o venres 9 de xuño na aula Magna da Facultade de  Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Na imaxe aparece o póster do traballo de Inés

Olimpiada de Bioloxía

18 de febreiro de 2022: Olimpiada de Bioloxía

Na fase autonómica da XVII Edición da Olimpíada de Bioloxía celebrada o 18 de febreiro na facultade de ciencias da UDC, os nosos alumnos Vicente Bermúdez de Castro Rey e Martín Romero Múñiz, obtiveron respectivamente o segundo e cuarto premio da fase autonómica.

O posto acadado por Vicente Bermúdez de Castro o convirte en candidato a representar a Galicia na fase nacional a celebrar na Universidade de Oviedo entre o 31 de marzo e o 3 de abril.

Os alumnos estiveron acompañados polos profesores de Bioloxía Manuel Varela e Manuel Blanco.

 

 Felicitación do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade:

Remate do Plan Proxecta "O noso mar, o noso sustento"

Para finalizar o curso e dentro do Plan Proxecta "O noso mar, o noso sustento", o alumnado de 1º da ESO realizou unha serie de murais. Na materia de Francés trataron ecosistemas ameazados polas actividades humanas, e na materia de Inglés sobre a cidade de A Coruña como punto turístico dun xeito sostible.

Vídeos das actividades:

 

 

Se queredes ver mais actividades que se fixeron ao longo do curso dentro do plan Proxecta "O noso mar, o noso sustento", podedes acceder na Aula virtual do instituto, Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, "o noso mar, o noso sustento" e acceder como convidados aceptando o regulamento.

Este é o enlace directo, lembrade aceptar o regulamento, senón non deixa acceder: "O noso mar, o noso sustento"

Felices vacacións!

Prácticas de disección en Anatomía Aplicada

Práctica de disección de ollo de vaca e de ril realizada na clase da materia Anatomía Aplicada que imparte a profesora Catalina Romero  de 1º de bacharelato nos grupos A, B e C. Nesta práctica os alumnos puideron observar no ollo de vaca a retina, o punto cego, o nervio óptico, o cristalino, o humor vítreo, o corpo e músculo ciliar, a córnea... así como puideron comprobar a inversión da imaxe a través do cristalino. Na disección do ril puideron ver a pelve renal, o ureter, a codia renal e as pirámides de Malpighi da médula renal. Como se pode ver nalgunhas fotos, disfrutaron aprendendo. As fotos están realizadas e arranxadas por eles mesmos.

(Texto: C. Romero, Fotos e arranxos: alumnos das prácticas. Fai clic para velas fotos)

Distribuir contido


by Dr. Radut