HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB
9ª SEMANA. 9ª PREGUNTA
A POESÍA DELONGA A VIDA
O silencio da noite constelou a cidade
e escura luz esplende na vella pedra núa.
O vento mariñeiro canta na inmensidade
e sobe o mar amigo compasado de lúa.
O cristal tremolece na fondura da ría.
Na noite mariñeira son diamantes as horas,
e se cadra hai no mar unha melancolía
de alteirosas historias e cantigas sonoras.
Talvez luz ardorosa no fondo do mar dorme,
talvez se xeste ó lonxe un claro vento enorme
e os cabalos do abrente veñan galopear,
pero a noite é serena e vella a fría pedra,
e o silencio é de prata que leveda e que medra,
e sombrea a cidade receoso estrelar.
A PREGUNTA É: a que cidade dedica este soneto o poeta Darío Xohán Cabana?
(1 punto)