Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Medios de Comunicación

Enlaces a artigos da prensa, videos, etc que falan do Instituto, das actividades que se fan nel ou de calquera tema relacionado

III Xogos Escolares organizados polo Concello de A Coruña

 

 

 (Fai clic para ver todas as imaxes)

Os equipos do IES P. Eusebio da Guarda acadaron a segunda posición na categoría de Fútbol 11 (ESO masculino), a cuarta posición na categoría de Fútbol 7 (ESO e Bacharelato feminino) e o Premio á Deportividade na categoría de Fútbol 11 (Bacharelato masculino).

Noraboa ós participantes!

 


 

Un exalumno do Eusebio estréase coma compositor musical

As fotos adxuntas dan conta da nova recollida por La Voz de Galicia da estrea deste xoven compositor, Federico Mosquera Martínez, exalumno do noso centro e fillo dunha profesora do mesmo. Estamos seguros que a súa prometedora carreira terá os seus frutos. Parabéns!


 

Acto de entrega dos II Premios Picasso

Coa presencia do Excmo. Sr. Alcalde de A Coruña, hoxe se entregaron os premios do II Concurso de Dibujo Picasso Coruñés.

Coma xa contáramos, a nosa alumna Lucía Blanco Míguens acadou un dos premios, baixo a dirección do seu profesor de Educación Plástica, Sr. Raúl Trillo.

Parabéns aos premiados!


 

Olimpiada Nacional de Física

Gonzalo Cao y Pedro Tomé veñen de obter a medalla de prata, sendo ás unicas medallas na provincia de A Coruña.

Parabéns!

Actualización: Unha foto dos protagonistas á súa volta ao Eusebio.


 

Premio Picasso coruñés ao mellor periódico

 

A entrega dos premios será o vindeiro martes 14 de abril a partir das seis da tarde, no salón de actos do Instituto.

Parabéns!


 

Gonzalo Cao, medalla de ouro na Olimpiada Matemática Española

Aquí podes ver ao noso campeón recollendo o diploma que o acredita. En xullo, Gonzalo participará na Olimpiada Internacional, que este ano celébrase en Thailandia.

Os deixamos as emocionadas verbas que nos enviou a nai: 

"Gonzalo y su medalla de oro. Estuvimos en Badajoz su padre y yo en la entrega de medallas que lo hacen como similar a la entrega de los oscar. La sala entera se vino abajo en aplausos cuando lo nombraron. El Eusebio presente también en Badajoz.  Todos los evaluadores nos felicitaron por su madurez matemática y personal. Estamos emocionadisimos."


Visita da escritora Andrea Maceiras

O luns, 16 de marzo, visitou o noso Instituto a escritora coruñesa Andrea Maceiras. Disertou sobre a súa novela Nubes de Evolución e de seguido houbo un interesante coloquio cos nosos alumnos de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato, moitos dos cales leran previamente a obra. Andra Maceiras é poeta (gañadora do premio Díaz Jácome con Auga lonxincua) e novelista laureada (por exemplo, premio ‘Meiga Moira’ no 2014 con Miña querida Sherezade). O diálogo coa mocidade ela mesma confesaba que é unha das maiores satisfaccións que lle produce o seu labor literario. Ao final asinou libros. Desexámoslle desde aquí unha longa traxectoria  artística.

 

 


 

Gañadores na Olimpiada Galega de Física

 

(Foto: Pedro R. Porca)

Os gañadores da Olimpiada de Física cos súa profesora, M. Carmen Díaz Cabanas. Gonzalo Cao obtivo a medalla de ouro, Pedro Tomé a de bronce e Álvaro Villa ocupa o primeiro posto de reserva. Todo un éxito do Eusebio, unha vez máis. Parabéns!.

Conferencia Espazos de formación: o Instituto Eusebio da Guarda

Este próximo xoves, día 12 de marzo, ás 18:00, a nosa Directora, Dª Isabel Ruso de Lago, impartirá unha conferencia titulada "Espazos de formación: o Instituto Eusebio da Guarda", dentro do ciclo 'Diálogos arredor de Picasso' que, co gallo dos 120 anos desde a primeira exposición do pintor malagueño, organiza a Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

Estades todos convidados.

 


 

 

 

Entrega dos premios Rita Suárez Amado, edición 2015

 

Unha ampla reportaxe fotográfica do evento, emocionante coma sempre, especial coma nunca, podes velo facendo clic aquí.

 


 

Entrega dos premios da X edición Rita Suárez Amado

 

 

Velaiquí o programa para a entrega dos premios de mañá venres. Chegamos á décima edición cheos de ledicia e por iso a celebración será aínda máis especial. 

 


 

Axenda da dirección do instituto nas últimas datas

O día 6 de febreiro asistiu a un almorzo de traballo co Sr. Alcalde de A Coruña na Fundación EMALCSA. Foi invitada xunto ao director do CIFP de Someso e directores de colexios públicos e concertados, asemade as escolas infantís. O inspector xefe, don Fermín Álvarez, e o inspector don Elisardo López Varela, tamén participaron na reunión. Os presentes deron a súa visión da situación da intervención do Concello nos centros educativos da cidade e presentaron as súas reclamacións/peticións.

 

 

O día 19 asistiu á inauguración da Exposición de Picasso na Coruña no Museo de Belas Artes xunto aos Reis de España.

 

Foto 1: Isabel Ruso xunto a Manuel Soto, director da Escola Picasso (herdeira da Escola de Artes e Oficios onde estudou Picasso), e María Gromaz, directora do Salvador de Madariaga (centro depositario do expediente de Picasso).

O día 24 tivo reunión da Xunta Provincial de Directores, da que forma parte.

O día 25 asistiu ás Xornadas de formación q organiza ADDIGA (Asociación de Directores e Directivos de Galicia) da q foi escollida vicepresidenta o curso pasado.

Foto 2: Na inauguración co Sr. Director Xeral de Educación e OU, don Manuel Corredoira.

Foto 3: Presentando á inspectora de educación, dona Isabel Serna no seu relatorio "Novidades na LOMCE "

O venres 27 de febreiro participou no debate-coloquio "A ESCOLA. Que outras cousas acontecen nos centros e non se debaten?" organizado polo Forum Europeo de Administradores da Educación (FEAE Galicia).

O día 12 de marzo, ás 18:00, impartirá unha charla no noso salón de actos dentro das "Diálogos arredor de Picasso" organizadas pola Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

 


 

 

 

 

 

 

As receitas escolares, agora en libro

En decembro os alumnos de primeiro da ESO traballaron arreo (xunto con algúns pais) co gallo de obter os mellores doces. Daquel traballo xa puxéramos un vídeo. Agora podes ver o libro, en alta definición.

 


 

O primeiro Picasso. A Coruña 2015

Este vídeo é a presentación da exposición que hoxe, 19 de febreiro de 2015, inaugurarán as SS. MM. os Reis de España sobre a vida e a obra deste xenial artista que pasou os seus días mozos na nosa cidade e no centenario instituto.

Enlaces libres sobre a nova:

 


 

 

Preparando o 125 aniversario do Eusebio

 

O pasado 8 de Febreiro publicouse no diario La Voz de Galicia un artigo no que se pide a toda a cidadanía, e aínda máis, a todo aquel que tivera directa ou indirectamente unha relación co noso instituto, a súa colaboración, achegando documentos, fotos ou calquera obxecto interesante que puidera ter, co gallo de facer unha celebración do 125 aniversario cunha morea de lembranzas de tempos nos que a mar mollaba os pés do noso templo os días de temporal no lonxano branco e negro.

Podes ler o artigo facendo clic na imaxe. Non esquezas a dirección para facernos chegar eses anacos da historia do Eusebio que teñas, que son retrincos da historia desta cidade:

eusebio125aniversario@gmail.com

 


 

Premiados no taller de Robótica da Fundación Barrié

(fai clic na foto para acceder ao álbum)

 

Os alumnos Álvaro Martínez-Feijoo, Pablo Solleiro, Aldana Sarabia e Melissa Urquiola, xunto á profesora de Tecnoloxía Rosa Fernández Salmonte, acadaron o terceiro premio (ESO) no sétimo concurso galego de robótica, o pasado 6 de febreiro.

Esta competición, feita dentro dun contorno de aprendizaxe desenvolvido pola Fundación Barrié no seu programa educaBarrié, foi organizada por Igaciencia, Institución Galega de Ciencia, e participaron 1300 alumnos. Parabéns!

 

 

Actualización 22 febrero: Velaiquí os vídeos do acto.

 


 

Celebración do Día da Paz 2015

A pesares da intensa chuvia e dun invernal vento, os alumnos saíron o pasado venres 30 de xaneiro a celebrar con globos e bos desexos o Día Mundial da Paz, facendo o seu ofrecemento a carón da inmortal estatua da Paloma de Picasso.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut