Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2019-2020

Actividades curso 2019-2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Parabéns á nosa comunidade educativa!

Neste 17 de maio de 2020 dedicado ao noso profesor na USC don Ricardo Carballo Calero, queremos lembralo con toda a comunidade educativa do IES P Eusebio da Guarda, o PROFESORADO a quen lle damos os nosos PARABÉNS por estar aí sempre  a prestar un servizo esencial nesta situación de pandemia.

Ao ALUMNADO tamén PARABÉNS por saber enfrontarse a unha situación de emerxencia sen perder o ánimo para seguir adiante.

Departamento de Lingua Galega e Literatura.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicado a RICARDO CARVALHO CALERO

A alumna Celia Fondo de 4º de ESO percorre a vida e obra do profesor, 1º catedrático de Lingua Galega e Literatura da USC.

Os nosos parabéns polo seu traballo e tamén á profesora Fe Besteiro.

Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Día de Europa. Embaixadores Junior de 4 ESO

Con motivo do “Día de Europa” ( 9 de maio) os nosos Embaixadores Junior de 4 ESO fixeron unha homenaxe musical á Unión Europea

Pola situación que estamos a vivir  non poidemos celebrar un Concerto na Praza de Pontevedra como desexabamos, e que moitos dos nosos Embaixadores Junior estiveron preparando durante todo este curso, o mesmo que nos pasou con todos os proxectos que se ian realizar nesta semana de Europa.
Pero estamos seguros de que todos estes proxectos se faran realidade moi pronto.
Moitas grazas a todos os nosos Embaixadores Júnior de 4 ESO polo seu traballo e colaboración.
       !! PARABÉNS A TODOS!!

EU❤️UE. Dos Embaixadores Junior de 4 ESO

Alguns dos nosos Embaixadores Junior de 4 ESO fixeron un titorial para Europa Direct de como se fai unha camiseta cos cores da Unión Europea e o logo en Galego de EU❤️UE

A viaxe a Fontenilles que non puido ser

No día de hoxe, 29 de marzo, teríamos que ter saído cara a Francia, xunto dos nosos amigos de Fontenilles. Pero este ano non puido ser. Tanto eles coma nós levamos todo o día pensando niso. A saudade enche o noso corazón pero estamos seguros que o reencontro producirase algún día. Grazas a todos. Chus Quintáns.

Horacio Díez, Coordinador do Programa EEPE e o eurodeputado do PSOE Nicolás González Casares proximamente no Instituto

O IES P Eusebio da Guarda e o Grupo de Traballo Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo organizan para 4º de ESO e 2º Bach o 11 e 13 de marzo e dúas charlas-coloquio con Horacio Díez, Coordinador do Programa EEPE e co eurodeputado do PSOE Nicolás González Casares.

Os nosos Embaixadores Junior de 4  ESO participaron na Charla-Coloquio con Horacio Diez e realizaron alguns obradoiros sobre Europa co coordinador do proxecto EEPE.
A visita de Diez Contreras enmarcase no calendario do programa de actividades como Escola Embaixadoras , na que participan un grupo de alumnos e profesores do noso Instituto.
O noso Centro obtivo a distinción de Escuela Embajadora del Parlamento Europeo como recoñecenento pola sua labor e pola sua implicación no proxecto de EEPE.

Grupo COdos: Videoconferencia coa Antártida

O venres 6 de marzo o alumnado de 1º de ESO asistíu a unha charla por videoconferencia coa base científico-militar española Gabriel de Castilla na Antártida.
Esta é unha das bases que España ten na Antártida, e é unha base militar que da apoio a científicos que desenvolven proxectos na illa antártica decepción, onde está a base.
O alumnado de 1º de ESO, despois de escoitar unha explicación dos responsables da base sobre onde están, como son as instalacións, que fan durante a súa estadía, (agora van a marchar no buque Hespérides pois comeza o inverno antártico e deixan a base ata que comeza de novo a primavera) dunha pequena descrición dalgúns dos animais que atopan nesta zona e algunha tamén algunha anécdota. Seguidamente o alumnado tivo a ocasión de facerlles varias preguntas sobre os traballos científicos que están a desenvolver alí, como afrontan as condicións meteorolóxicas ou como se comunican cas súas casas.
Para finalizar o alumnado ten a ocasión de participar na campaña ‘apadriña un pingüino’ que se fai a través de internet e coa que recibirán un diploma persoal e acreditativo do apadriñamento dun pingüino (ao que eles lle poñen un nome). Na seguinte hora despois da charla parte do alumnado xa se puxo con isto.

Encontro coa escritora Andrea Maceiras

O 2 de marzo de 2020 o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha charla-coloquio coa escritora Andrea Maceiras para o alumnado de 3º e 1º de ESO.
A charla versou sobre as obras Europa Express e Volverás golfiño.

O Eusebio GAÑADORES do Reto Emprendedor dos Premios Fundación Princesa de Girona 2020, co Proxecto Picassus

O venres pasado, 28 de febrero, dous equipos do Eusebio participaron no concurso proposto pola Fundación Princesa de Girona. Organizados en grupos de cuatro competiron máis 260 alumnos galegos. O tema foi "Só na casa: ideas para previr a soiedade das persoas maiores".

Un dos equipos, o de Marcos Quiroga, Uxía Carrero, Noa Ferreño e Alejandro Brenlla, foi elixido para interactuar coa raíña dona Letizia, co presidente da Xunta, don Alberto Núñez Feijoo,  e co vicepresidente do goberno, don Pablo Iglesias.

O outro equipo, o de María Vázquez, Laura Valles, Luis Estévez e Sabela Rodríguez, foi o GAÑADOR da actividade. A súa idea dun seguro de compañía para a vellez foi elixida como a máis orixinal. É de destacar a súa defensa ante o público que sorprendeu pola súa forza e madureza.

O noso alumnado de 1º de bacharelato estivo acompañado pola directora do centro, Isabel Ruso, a secretaria, Isabel Quiroga, e o profesor de economía, Juan Centeno.

Os gañadores e o profesorado acompañante foron invitados á entrega final de premios en Girona ou Barcelona no mes de marzo.

Parabéns a todos.

FPdGi:

Galería de fotos en Flickr de FPdGi

Vídeo da FPdGi

Nota de prensa da FPdGi: El innovador tecnológico Guillermo Martínez, Premio FPdGi Social 2020

 

Fotos:

Descrición dos proxectos en La Opinión A Coruña:

La Voz de Galicia:

La Opinión de A Coruña:

Sobre o acto e entrevista a alumnas do Eusebio en La Contracónica da Cadena Ser, a partir do minuto 00:55:

Francisco Javier Charlín presenta a revista Cuadrante e libro na Librería Arenas

Presentación da revista Cuadrante e do libro Ramón Del Valle Inclán, Un cuaderno manuscrito de “La rosa de oro” a cargo do seu director Francisco Javier Charlín, profesor do departamento de Lingua Galega e Literatura do Instituto Eusebio.

Concurso de lambetadas de entroido 2020, de ESO

Primeiro premio: Carlota López Entrambasaguas, de 1A.

Outros premiados:

Nicolás John Barlow Zas, de 2B

Carla López Riveiros, 2B

Ainara Suárez Ochoa, de 1C

Pablo Ymia Fernández e Ramón Felipe Sarmiento Fernandes, de 4A

Iria Sánchez Losada, de 3D

 

NORABOA a todos!

 

I Encontro coas Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo de Galicia

O xoves, 20 de febreiro, o noso Centro, como EEPE participou no I Encontro coas  outras 5 Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo de Galicia, que se celebrou na Sede que ten Europa Direct na Deputación da Coruña, para presentar as distintas actividades e deseñar e planificar unha actividade conxunta no marco do 9 de maio, Día de Europa.

Distribuir contido


by Dr. Radut