Cada curso escolar, os alumnos de 1º de ESO, os mais novos do instituto, comezan a estudar unha nova lingua estranxeira, o francés.
Para a meirande parte deles, a súa entrada ao instituto coincide co primeiro contacto coa lingua de Molière.
Algúns o fan con certa reticencia, mais a maioría amósase ilusionada ante o novo reto, aprender unha nova lingua… da que consideran que non saben nada, o cal non é certo.
Nestes días estiveron traballando na elaboración duns carteis, que titularon “Pour moi, la France c’est …” (Francia, para min, é …). Observados polas súas profesoras, andaban na procura de obxectos, monumentos, frases, personaxes, palabras, cores, alimentos, paisaxes que representaran ao país veciño. E a bo fe que non o fixeron mal. Eles mesmos quedaban parvos coa cantidade de cousas e datos que coñecían xa e do que non eran conscientes.
Desta vez tratábase de Francia en exclusiva, pero pronto comprobarán que esta nova lingua acércaos a moitos lugares mais. Na primavera, asistiremos ao festival da Francofonía que ten lugar cada ano en Vilanova de Arousa, iso sérvelles para iren familiarizándose cos países que teñen o francés como lingua común.
Aló polo mes de maio aproveitaremos para lles presentar a diversidade xeográfica da Francofonía, viaxaremos a través da música a outros lugares, con outros acentos, e descubrirán como soa esta lingua cantada polos habitantes de Nova Caledonia, da que tanto se fala nestes días, ou do Quebec ou mesmo da isla da Reunión.
Velaquí unha escolma dos seus traballos cheos de cores e ilusión… Haberá uns pequenos agasallos.
Moitas grazas ás súas profesoras de Francés: María Barreiro Seoane e Rocío Rodríguez Ferreiro.
O 13 de novembro foron entregados os premios aos gañanadores do concurso. Isto constituíu toda unha sorpresa, xa que ninguén dos concursantes agardaba a celebración.
Bravo les enfants!!!!
Velaquí o palmarés:
Concours “Pour moi, la France c’est…”
Liste de lauréats
1º ESO A Francés 1ª Lingua Estranxeira
Nicolás John Barlow Zas
1º ESO A Francés 2ª Lingua Estranxeira
Olivia Pato Souto
1º ESO B Francés 2ª Lingua Estranxeira
Carla López Riveiros
1º ESO C Francés 2ª Lingua Estranxeira
Yara Vez Vilariño
1º ESO D Francés 2ª Lingua Estranxeira
Leila García López
Liste de finalistes
1º ESO A Francés 1ª Lingua Estranxeira
Nicolás Rodríguez Martínez
1º ESO A Francés 2ª Lingua Estranxeira
Manuel Suárez Pose
Jorge Estévez de Carrillo
1º ESO B Francés 2ª Lingua Estranxeira
Vega Armada Santos
Elena Pernas Sancosmed
Natalia Gordo Gómez
1º ESO C Francés 2ª Lingua Estranxeira
Iris Fernández-Chao Vilariño
Uxía González González
1º ESO D Francés 2ª Lingua Estranxeira
Ha Nul Kim
Sofía Martínez Diz-Lois