Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2015-2016

Describe as distintas actividades desenvolvidas durante o presente curso.

Intercambio I.E.S. Eusebio Da Guarda - Collège Irène Joliot-Curie

 

 
Os alumnos teñen a palabra.
 

1.- “Eu definiría este intercambio con tres palabras que penso que o describen á perfección:

emocionante, inesquecible e enriquecedor.

 

Aínda que este intercambio foi o primeiro que fixen, estou chea de ledicia por poder realizalo e asegúrovos que, se algunha vez tedes a posibilidade de ir, saberedes que é unha experiencia incrible e que paga a pena vivila.

 

Esta viaxe non só me serviu para coñecer diferentes culturas e persoas, senón tamén para mellorar o meu francés e darme conta de que o mundo e a súa diversidade son moito máis grandes do que  imaxinara.

 

Coñecín  unha familia encantadora da que me namorei, pois fíxome sentir coma se estivese na miña casa e coidaron de min coma un membro máis da familia.

 

Dende o primeiro  momento compenetrei moi ben coa rapaza francesa que me tocou e sempre estivemos xuntas. Ambas puxemos en práctica o noso francés e castelán, pasámolo moi ben coas nosas amigas, e o máis importante, fixemos novas amizades.

 

Aprendín a ser máis consciente dos meus alcances e límites, polo que aumentei a confianza en min mesma e a miña capacidade de ser independente. Expandín a miña visión do  mundo e  viaxei para coñecer novos lugares, descoñecidos para min ata entón.

 

Agora que xa estou de volta e miro a miña maleta, sei que non só traio comigo bens materiais, senón tamén aprendizaxe, experiencias e emocións, recordos, e vínculos, que sen  dúbida, valen calquer esforzo.

 

 

"O mundo é un libro, e aqueles que non viaxan, len tan só unha páxina".

 

Para finalizar, quero darlle as grazas a todas esa persoas que fixeron posible que o intercambio se levara a cabo.  

                                                       

                                                                    Un saúdo, Carolina Sanmartín Pérez, 3ºA.”

 

 

 

 

2.-“Intercambio A Coruña-Fontenilles 2016

Aínda me parece que foi onte cando saltaba de emoción ó ver o meu nome na listaxe de admitidos ao intercambio de Francia e, sen darme conta, xa estamos de volta.

Atrás quedan os preparativos para recibir aos nosos “corres”, a festa de despedida que con tanta ilusión lles preparamos, as largas horas de autobús, o día da súa festa (na que bailamos e cantamos sen parar, ata quedar sen voz e case romper as pernas)...

É, sen dúbida, unha vivencia moi recomendable,non só polo aprendizaxe da lingua francesa (que é o motivo principal polo que se impulsa esta actividade), senón tamén porque quizais sexa a primeira vez que saes só da casa, e iso fai más independente ás persoas. Ademais coñeces unha cultura diferente, convives durante uns días con unha familia que no é a túa...

Xa só quedan recordos desta marabillosa experiencia, pero seguiremos mantendo viva a amizade que comezamos aló polo mes de outubro. Levaremos sempre no noso corazón a Fontenilles e a súa xente. Hasta sempre!

Guillermo Alonso-Jáudenes,  3º A”

 

 

3.- “Este intercambio foi unha gran e marabillosa experiencia. Grazas a el tiven a fantástica oportunidade de perfeccionar e aprender un idioma e cultura excepcionales, descubrir a gastronomía da zona, ver algunhas cidades e coñecer parte da súa historia con xogos. Nesta viaxe paseei por Toulouse, onde visitei moitos lugares (o Capitolio, a basílica de Saint Sernin...) e aprender cousas deles con entretidos xogos; estiven en Auch, onde probei deliciosos platos, coñecín a catedral...; visitei museos, como a Cité de l'Espace, un museo con temática espacial...  

 

Tamén puiden coñecer a unhas estupendas persoas, e observar de preto o día a día dunha familia francesa.

 

En resumen, volvería a Francia sen dubidalo e recomendo a todo o mundo participar nesta actividade.

Sabela Tembrás,  3º A”

 

 

4.-≈A  miña experiencia en Francia ≈

O domingo día tres, ás sete da mañá, saía da praza de Pontevedra un autobús que nos levaría aos meus compañeiros e a min rumbo a Fontenilles para devolverlles a visita aos nosos corres franceses, aos que tanto botáramos en falta dende o mes de outubro.

 A recibida foi magnífica, eu saín correndo a abrazar a miña corres, Chloé. As familias acolléronos moi ben, fixéronos sentir como un membro mais da familia. Acudimos a unha festa de benvida e outra de despedida na que cantamos unha canción de Zaz , ademais algúns de nos, interpretamos unha pequena obra chamada " Madame Martin ". 

Fixemos moitas visitas nas que aprendemos moito tanto do idioma coma da cultura francesa. Fomos a Toulouse onde percorremos a cidade nun tren turístico, visitamos o Capitole e o mercado de Víctor Hugo. Tamén visitamos Auch acompañados dos nosos amigos franceses onde estivemos nunha escola de hostalería na que aprendemos a cociñar algúns pratos franceses. Fomos á Cité de l´Espace onde aprendemos moito sobre os astronautas e mesmo nos sacamos unha foto cun foguete e visitamos unha estación espacial.

Foi unha experiencia única e inesquecible que recoméndolle a todo o mundo, na que aprendín moito e fixen moitos amigos. Eu xa estou desexando que a miña corres me visite de novo no verán !!

 

Paula Santalla Estévez,  3º A”

 

 

(Para ver as láminas fai clic aquí)

Acto de entrega de diplomas e premios da Olimpiada de Física e Química

 

Alumnos de 2º de Bacharelato do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda participantes na Olimpiadas Galegas de Física e de Química 2016. De esquerda a dereita: Carlos Sáez López (medalla de bronce na fase local de Física), Carlos Cortón Cobas, Gala Cabirta Touzón, Adrián Quiroga Rodríguez, Andrea Díaz Rodríguez, Nuria Tellado López, Alejandro Brao González (4º posto na fase local de Química e sexto na galega), José Miguel Balado Alves, Sofía de Bernardo Gallart, Antón Yáñez Mendía, Alba León Álvarez e Carlos Rodríguez Barrientos (suplente na fase local de Física). Están acompañados pola Directora Mª Isabel Ruso de Lago e os profesores de física e química Mª del Carmen Díaz Cabanas, Miguel García Rodríguez e Pedro L. Rodríguez Porca.

Acto de entrega de diplomas e premios da XXXIII Olimpiada Galega de Química e da XXVII Olimpiada Galega de Física, celebrado o 14 de abril de 2016 na Aula Magna de Falcultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela e presidido polo Director Xeral de Educación D. Manuel Corredoira López. Á esquerda Carlos Sáez López, medalla de bronce na fase local de Física.

(texto e fotos de Pedro R. Porca)

 

 

Intercambio con Fontenilles

 

A expedición de alumnos do Eusebio fixo entrega dun agasallo á alcaldesa do pobo, lembrando a antigüedade do noso instituto, asemade a relación que temos co pobo francés.


 

Fotos do intercambio con Salerno

Saluto del Dirigente (a directora)

Saluto del Sindaco di Salerno (O Alcalde)

Os alumnos no Concello

No Museo di Capodimonte en Nápoles

Na Cattedrale da Amalfi

O enlace para ver as fotos.

Resultados da XXXIII Olimpíada de Química

 

Alejandro Brao obtivo o carto posto na fase local e a sexta da fase galega. Parabéns!

 

Chegada dos alumnos a Italia

A expedición, a súa chegada a Capodichino (Italia).

Alumnos do Eusebio participan na XXXIII Olimpíada Galega de Química

Os alumnos que participaron na Fase Local da XXXIII Olimpiada Galega de Química na Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña foron Andrea Díaz Rodríguez, Gala Cabirta Touzón, Carlos Sáez López, José Miguel Balado Álvarez, Adrián Quiroga Rodríguez e Alejandro Brao González.

 

(Foto: Pedro R. Porca)


 

Intercambio con alumnos de Italia

 

Nos vindeiros días un numeroso grupo de alumnos de primeiro de bacharelato viaxarán a Italia para compartir experiencias con alumnos do Liceo Regina Margherita de Salerno. Eles pediron unha foto para a súa páxina web e enviaron unha súa para facer o mesmo. Aquí podedes ver as dúas. Boa viaxe!

 

Día de Newton no Eusebio

Por iniciativa dalgúns profesores, e aproveitando a semana da froita, o pasado 8 de marzo os alumnos de 1º e 2º compartiron unha mazá vermella na porta do instituto, lembrando ao científico que descubriu a forza da gravidade.


 

Grande éxito de dúas alumnas do Eusebio na III Olimpíada Filosófica Galega

 

  

Como dixeramos recentemente, dúas alumnas participaron na terceira edición da Olimpíada. Carolina Ojea acadou un terceiro posto, mentres que Paula Herrero alzouse co triunfo absoluto, tendo así abertas as portas para participar na edición nacional, que se celebrará proximamente en Oviedo. A súa profesora, Nieves L. Agrasar, salientou o elevadísimo nivel dos participantes. Parabéns!


 

Resultados da Olimpíada de Física na fase local

Aquí unha foto dos participantes coa súa profesora:

Premio para David Vaamonde

A pasada semana o alumno David Vaamonde recolleu, de mans do Director Xeral e do Presidente da Xunta de Galicia, un premio polo seu expediente académico da E.S.O.

Parabéns!


 

 

Entrega de premios homenaxe a Rita Suárez Amado, XI edición

O venres 4 de marzo celebramos a XI edición do certame literario ‘Rita Suárez Amado’. Presidían a mesa de honra no Salón de Actos do noso Instituto o Director Xeral de Educación, D. Manuel Corredoira; a Tenente de Alcalde e presidenta do xurado, Dª Silvia Cameán; a Directora do centro, Dª Mª Isabel Ruso, os pais de Rita, D. Juan Suárez e Dª Carmen Amado e a Vicedirectora do centro, Dª Mª Rosario Soto.

Os diarios da cidade La Opinión e La Voz de Galicia fixéronse eco do acto.

Entre os premiados houbo, entre outros, alumnos do Colexio das Escravas da Coruña, do IES Rafael Dieste e do noso propio Instituto. A todos, parabéns! 

Actualización 31 de maio

Podedes ver as máis de trescentas fotos do acto.

 

Fotos do III Maratón Solidario de Lectura

Xa podes ver as fotos do II Maratón Solidario de Lectura, celebrado coa colaboración de centos de alumnos do Eusebio. Asemade, unha furna servíu para recaudar diñeiro con destino á Cocina Económica da cidade. Parabéns a todos os participantes!

 

Dúas alumnas á final da III Olimpíada Filosófica Galega

As alumnas, Carolina Ojea Varela e Paula Herrero Mejuto de 4ºC, foron seleccionadas para a final da III Olimpíada Filosófica Galega na modalidade de “Dilemas Morais”. A final terá lugar o día 3 de marzo na facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, onde ámbalas dúas alumnas terán que facer unha defensa pública do traballo seleccionado cunha duración aproximada de 20 minutos. Nese acto o xurado seleccionará ao representante de Galicia na Olimpíada Filosófica de España (OFE) que se celebrará en Oviedo os días 15 e 16 de abril. Parabéns ás seleccionadas e moita sorte na final. (texto e foto de Nieves Agrasar)

 

Entrega de donativo a unha ONG

O pasado 1 de febreiro os alumnos de 2º ESO D fixeron entrega do diñeiro recaudado por eles - máis de trescentos euros - para proxectos da ONG Miradas al Mundo. Ao acto asistiu unha representante da ONG. Co diñeiro poderanse supón unha axuda para desenvolver un proxecto no África.

 

.

 Actualización: A cantidade recaudada foi de 253,60 euros, que será destinada ao proxecto 'Ilumina su futuro'. A ONG invítanos a botar unha ollada aos proxectos que fan cos centros escolares.

 

O Entroido 2016 do Eusebio: unha ollada fotográfica

Pasados uns días da celebración, as fotos amosan o estoupido de ledicia que se desatou no Eusebio nesta ocasión. Fai clic para ver a reportaxe.

 Actualización: Velaiquí as fotos das aulas de segundo da ESO:

 

Chocolate para os gañadores do concurso de Nadal 2015

 

Coma anos anteriores, os mellores recibiron a promesa do agasallo en forma de chocolate e churros. Esta vez foi para as aulas de A e C de 1º da ESO, e C e D de 2º da ESO. Facendo clic poderás ver as celebracións con máis detalle.

Parabéns!


 

Máis sobre a charla do doutor Ángel Carracedo no Eusebio

A conferencia que o destacado cientíco galego Dr. Ángel Carracedo deu o pasado 20 de xaneiro no Eusebio foi certamente un dos actos máis salientables deste curso do 125 aniversario. O blog do club de lectura do instituto, Cazatesouros, recolleu nesta entrada dito acontecimento.

Agora podedes ver máis fotos do acto facendo clic neste enlace.


 

Visita dos alumnos de 3º ESO á Domus

Os días 14 e 28 de xaneiro os alumnos de 3º da ESO visitaron a Domus para realizar no seu laboratorio unha práctica de disección do corazón dun porco. O alumnado puido apreciar neste órgano a disposición das distintas veas e arterias, as cavidades coronarias e as válvulas que regulan o fluxo sanguíneo. Completouse a saída facendo unha visita ás instalacións da Domus, onde os rapaces puideron, de modo interactivo, avanzar no coñecemento da anatomía e fisioloxía do corpo humano, contidos que se están a traballar neste curso.

 


(Fai clic na foto para ver máis)

(Texto de Catalina Romero, fotos de M. Jesús Quintáns, M. Jesús Gómez  e Catalina Romero)


 

Distribuir contido


by Dr. Radut