Visita de alumnos ao CITEEC da Escola de Caminos, Canais e Portos
O pasado día 10 de outubro, un grupo de alumnos de segundo de bacharelato da asignatura Tecnoloxía Industrial, acompañados pola profesora Rosa Fernández Salmonte e o profesor Mario S. García, tiveron a oportunidade de coñecer varios laboratorios que a Escola de Camiños, Canais e Portos (CITEEC) ten para investigación. Como en ocasións anteriores, poideron desfrutar das explicacións que os anfitrións lles deron sobre hidráulica, dinámica de fluidos e probas de materiais entre outras, incluindo un espectacular ensaio sobre unha barra de aceiro (ver foto).