Breve crónica e fotos da Ruta do Quijote 2014
Este ano o tempo foinos propicio. As mañás eran frías pero ao longo do día atemperaba. As Tablas de Daimiel estaban cheíñas de auga; a luz da tarde, divina. Vimos bandadas abundantes de aves en formación, en uve. Toledo encantoulles. Madrid en domingo, un luxo de sol e xente tapeando; a Praza Maior co seu rastriño e as terrazas a rebordar, todo chamaba á vida. Moitos alumnos quedaron con ganas de estaren máis tempo no Prado. Outros quedamos con ganas de ver a entrada da Cova de Montesinos. O parque nacional das Lagoas de Ruidera promete ser espectacularmente fermoso. Dá gusto viaxar con xente tan boa coma a deste ano. Oxalá se porten igual de ben na Selectividade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ruta do Quijote 2014.001.jpg | 847.29 KB |
Ruta do Quijote 2014.002.jpg | 822.5 KB |
Ruta do Quijote 2014.003.jpg | 757.88 KB |
Ruta do Quijote 2014.004.jpg | 778.71 KB |
Ruta do Quijote 2014.005.jpg | 730.65 KB |
Ruta do Quijote 2014.006.jpg | 809.3 KB |
Ruta do Quijote 2014.007.jpg | 889.49 KB |
Ruta do Quijote 2014.008.jpg | 865.85 KB |