Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Casa Picasso

 

Un grupo de alumnos nosos, concretamente 1º ESO A, foi convidado o xoves 20 de xuño á inauguración dunha tenda na planta baixa da Casa Museo Picasso na rúa coruñesa Paio Gómez. Nós unicamente asistimos para realizar unha actividade previa á inauguración que celebraría o alcalde unha hora máis tarde.

Chegamos ás 10.30 e recibiunosTonecho Otero, o encargado de explicar o traballo aos alumnos. Diante dunha pantalla táctil, Tonecho foi narrando brevemente os anos nos que Picasso estivo na Coruña cando era un neno. Mediante a pantalla os nosos alumnos debían de localizar nun plano os lugares frecuentados polo pintor. Posteriormente, íaselles preguntando por aquilo que verosímilmente impresionaría máis da nosa cidade a sensibilidade do pintor,  para concluír que moi probablemente entre os nosos monumentos estaría a torre de Hércules, e noutra orde de cousas, debeu chamar a súa atención o vento, o vento mareiro.

Unha vez chegados a  estas conclusións, o grupo de alumnos pasou a unha sala situada ao fondo, presidida por unha magnífica foto dun Pablo Picasso de 11 anos, rodeado pola súa familia en Málaga no transcurso dun xantar. Entón distribuíronselles unhas follas de papel e mais uns lapis coa idea de  trazar en primeiro lugar unha base cunha recta e a partir de aí debuxar unha torre de Hércules. Este debuxo debía xurdir da súa  imaxinación, pois, malia proxectarse de cando en vez unha foto da torre sobre a parede, axiña se retiraba para contribuír á  orixinalidade de cada quen.A continuación, Tonecho escaneou todos os debuxos e someteunos a un programa de animación. Como podedes ver queda moi bonito.

Ao ver esta sucesión de imaxes animadas un pode pensar que reactualizamos, evocamos o proceso creativo, a serie de bosquexos que o neno Pablo iría trazando antes da lograr a obra final.



blog | by Dr. Radut