Visita ao centro penitenciario de Teixeiro
- Este martes 6 de marzo unha trintena de alumnos de 3º da ESO, en compaña de tres profesores do centro, foi ao centro penitenciario de Teixeiro devolvendo así a visita que un grupo de internos e educadores da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) ‘Concepción Arenal’ realizara ao noso instituto. A experiencia podemos cualificala de profundamente humana e educativa. Participamos nunha especie de comuñón das súas vivencias. O traballo destes internos e destes funcionarios permeables á esperanza, abre un espazo novo, rico, un espazo que debe ser coñecido e socialmente estimado.
- Teñen un blog: “di-k-non.blogspot.com”, e contan coa inestimable cooperación económica da coruñesa Fundación Barrié.
- Desde aquí, desde o instituto, valoramos a iniciativa e mandamos un saúdo fraternal e estes homes, educadores e mais internos, que están vivindo unha experiencia de futuro.
- (Este texto foi elaborado polos profesores acompañantes)