Campaña de Cáritas "Ráscate el bolsillo"
Un grupo de animadores/as, digna representación deste centro nun amplo abanico de tarefas e de actividades (animación á lectura, Eusebio TV,…), puxeron en marcha unha campaña solidaria cun spot publicitario en Eusebio TV, “Ráscate el bolsillo”.
A campaña iba encamiñada ao recabamento de fondos e de roupa para os máis desfavorecidos.
O pasado 30 de xaneiro, tivo lugar un encontro con responsables de Cáritas Interparroquial da Coruña (Vicente Iglesias, Director e Rafael Pillado, Responsable do Voluntariado) co fin de entregar a recaudación e a roupa. Os responsables de Cáritas quixeron agradecer o esforzo e a laboura dos colaboradores/as nunha sociedade cada vez máis individualista, intentando transmitir unha escala de valores nun mundo no que a globalización vai a máis. Fixeron fincapé na problemática que leva a moita xente á rúa, á albergues e a facer uso de institucións benéfico-sociais, problemática que abrangue dende o económico ata o familiar e a exclusión social, nun contexto de crise que non deixe a ninguén indiferente.
Finalmente resaltaron a importancia destas tarefas de voluntariado e do noso centro por dar acollida a este tipo de iniciativas.