VISITA GUIADA POLO CENTRO
Mais imaxes no seguinte enlace
O pasado mércores 25 de outubro, os alumnos de segundo de guías realizaron unha visita guiada polo centro aos alumnos de primeiro dos ciclos de Axencias e Guías. Sen dúbida conseguiuse recibir e acoller aos novos alumnos traballando na valorización, prestixio e recoñecemento do noso instituto.
Esta visita non sería posible sen a previa axuda da Directora, Isabel Ruso, que uns días antes, e coa pasión e devoción polo centro que lle caracteriza, mostrou e explicou todos os rincóns aos alumnos.