Seleccionados dous traballos do IESP Eusebio da Guarda para o 34 Congreso de Mozos Investigadores.
Por segundo ano consecutivo os nosos estudantes foron capaces de chegar ao máximo recoñecemento nacional de mozos investigadores, o Congreso de Mozos Investigadores que organiza o INJUVE xunto co Ministerio de Educación para estudantes preuniversitarios. Na súa 34 edición participarán os estudantes que presentan os 40 traballos seleccionados os días 28,29 e 30 do mes de xuño en Mollina, Málaga. Os nosos estudantes seleccionados foron nesta ocasión:
Bruno Bolaño Molezún, alumno de STEMbach, co seu traballo Efecto da ansiedade sobre as vías moduladoras da dor, titorizado por Mª Jesús Mourazos e cotutorizado por Mª Teresa Carrillo da Pena, profesora da USC, que xa recibiu un segundo posto nos premios Stephen Hawking organizados polo IESP Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Enlace ao póster do traballo
Mencía Cardesín e Aarón Deus, polo seu traballo Reaparecen as londras nas costas da Coruña e Sada, realizado dentro da materia de Bioloxía e Xeoloxía de cuarto de ESO, titorizado pola profesora Mª Jesús Mourazos. Enlace ao póster do traballo
Achégase as fotos dos alumnos