Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2021

14 de maio de 2021: Graduación da promoción de 2º Bacharelato

O 14 de maio celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. Unha celebración adaptada á COVID-19. Fixemos fotos de grupos nas escaleiras ás seis en punto e despois continuamos no patio do Instituto para o acto, que contou coa presenza da Inspectora do noso centro Dna. Concepción Aramburu Sánchez e a presidenta da AMPA Dna. Mónica Santiso Fernández. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro a profesora de Lingua Castelá e Literatura Dna. Charo Vázquez Mourín, e respondéronlle, en nome do alumnado, Sabela Rodríguez Vázquez e Luis Estévez Martínez de 2ºC. A presentación do acto estivo a cargo de Lidia Nyamsi Hermida e Anxo Cubes Bringas de 2ºD. A actuación musical estivo a cargo das alumnas María Vázquez Arjomil de 2ºA e Sara Grandez Casteleiro de 2ºC.

Parabéns á promoción do 2019-20, ás súas familias, e ao seu profesorado!

Álbum fotográfico:

Foto das responsables da actuación musical:

Vídeo da emisión en directo, a cargo de Santiago Vilas Subirán (3ºA de ESO):

 


Vídeo grabado e editado polo profesor Manuel Varela Domínguez:

La Voz de Galicia:

 

 



blog | by Dr. Radut