Título de Bacharelato - Matrícula ABAU - Probas Extraordinarias ABAU (Selectividade) - xullo 2021
SOLICITAR O TÍTULO DE BACHARELATO
(Trámite imprescindible para presentarse a ABAU).
-
Impreso cuberto cos datos do alumno-a, terás que cubrilo e imprimir 1 copia.
-
Seguir as instrucións para pagar as tasas.
Presentar os dous impresos o 29 de xuño na Secretaría xunto cos impresos da ABAU.
MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ABAU (Selectividade)
O alumnado que desexe matricularse da ABAU, unha vez cuberta a documentación e pagadas as taxas da ABAU e do Título de Bacharelato, deberá entregar na secretaría do centro, o 29 de xuño, a documentación que se relaciona a continuación:
-
Fotocopia do DNI ou Pasaporte (no caso de estranxeiros).
-
Impreso de matrícula da ABAU. Cubrilo e imprimir 1 copia desde ese enlace.
-
Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula: cubrir este impreso e imprimir 3 copias.
Unha vez feita a matrícula, o alumnado poderá acceder á aplicación Nerta cunha conta de usuario que lle chegará polo seu correo electrónico. Premer para ver as instruccións correspondentes.
Importe do prezo de matrícula ABAU:
-
Ordinaria: 63,67 Euros
-
Familia numerosa - Categoría xeral: 31,84 Euros
-
Familia numerosa – Categoría especial: Gratuíta
O alumnado que alegue ser membro de Familia Numerosa, deberá aportar xunto co xustificante bancario, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.
-
Persoal das Universidades do SUG: Gratuíta. A gratuidade deberán acreditala mediante certificación dos respectivos Servicios de Persoal e, no caso de cónxuxe ou fillos, ademais por medio da fotocopia do libro de familia onde figure o matrimonio e o alumno/a.
-
Persoas con discapacidade (33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero: Gratuíta
Publicación listaxe matriculados:
O 30 de xuño no Instituto pódense revisar os datos e pódese interpor reclamación dende as 9:30 ata as 14:00 horas na secretaría se hai algún erro.
EXAMES ABAU
Lugar, para o alumnado do IES Eusebio da Guarda: Facultade de Filoloxía. Campus da Zapateira. A Coruña.
Datas convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de xullo
Máis información: CiUG
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Impreso-1-recollida datos título Bacharelato.pdf | 47.19 KB |
Instruccións NERTA Alumnado ABAU.pdf | 113.02 KB |
Instrucións pago tasa título Bacharelato.pdf | 774.85 KB |