Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alba García Sevilla e Paula Taboada Bravo, alumnas da profesora Noemí Díaz, 1º e 2º premios de ADOS. Noraboa!!

Alba García Sevilla e Paula Taboada Bravo, dúas alumnas de 1ºESO do noso centro, logran o 1º e 2º premio, respectivamente, do Concurso de Carteis sobre Doazón de Sangue e Transplantes, coa orientación da profesora Noemí Díaz Vázquez.

Destacar a importancia do premio posto que, participando centros de toda Galicia, foi o IES Eusebio da Guarda o centro que recibiu tódolos premios deste ano! Alba recibirá unha tablet, Paula unha cámara deportiva, Noemí unha tablet por premio e o centro 1.500 euros en material escolar.

A nosa noraboa a Alba e a Paula polo seu traballo e creatividade, e grazas por facer que o IES Eusebio da Guarda sexa un referente en solidariedade para toda Galicia.

ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue)

 

1º premio: Alba García Sevilla

2º premio: Paula Taboada Bravo

 



blog | by Dr. Radut