Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

Presentación da COP26

O grupo COdos, na súa tarea de dar a coñecer obxectivamente a realidade das causas e consecuencias do quentamento global e o cambio climático, presenta a exposición que elaborou para coñecer que é e que está a suceder na COP26. Durante estes días publicaremos varios vídeos.

Samaín 2021

Co gallo da celebración da festa do Samaín 2021, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou a tradicional actividade de decoración das portas das aulas dos grupos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. 

O venres 28 como se anunciara, un esixente xurado, composto pola directora, coordinadora do EDLG, varios membros do profesorado e un membro do alumnado, valoraron as portas.

Resultou premiada, despois de arduas deliberacións a porta do grupo 3° ESO C, titoría de Paulo Carballada.

O alumnado foi premiado cunha bolsa de chuches e a correspondente medalla.

 

Máis fotos na ARTESA DO EUSEBIO

Pumpkin carving contest 2021. English Department

This course our students have taken part in a pumpkin carving contest, these are some of the submissions... and the winners!!

We had a spooky photocall too. Happy Halloween everyone from the English Department!!

Exposición "De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos"

27de outubro de 2021

Estes días e ata o 5 de novembro, contamos no instituto cunha exposición sobre as cantigas do trobador da lírica medieval Galego-portuguesa Martín de Padrozelos. Promocionada pola Asociación de Estudosos do Camiño de Santiago e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e comisariada por Luis Celeiro, forma parte dun proxecto relacionado coa nosa lírica medieval e mais co Camiño de Santiago. Ten un afán divulgativo co obxectivo de facilitar o achegamento tanto á cultura medieval en xeral como á nosa lírica en particular, centrado en Martín de Padrozelos, trobador do val de Lóuzara no Concello de Samos. Froito da colaboración estreita do grupo investigador xurdiron o documental Trobador no camiño, andares pola lírica de Martín de Padrozelos, esta exposición das súas dez cantigas de amigo e de amor, e un magnífico disco do grupo A Quenlla, titulado Trobador no camiño. 

A exposición viaxou polos concellos do Camiño lucense durante este verán, e agora vai continuar o seu percorrido polos centros de ensino galegos. É neles onde mellor se poderá aproveitar didacticamente, tendo en conta a carencia de materiais sobre esta época literaria. Vén acompañada de recursos dixitais para facilitar o  traballo nas clases, e a modo de clausura desta primeira rolda en 2021, terá lugar un concerto do grupo A Quenlla coa interpretación das cantigas de Martín de Padrozelos en Chantada o 18 de decembro.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

EDLG do IES Eusebio da Guarda 

Visita do Dr. Pedro Canto

O 26 de outubro de 2021 visitounos o Dr. Pedro Canto, Decano da Facultade de Educación da Universidade Autónoma de Yucatán (México). É Enxeñeiro químico industrial e Doctor en Educación Superior pola Universidade de Ohio (USA).

 

Está acompañado pola Catedrática da Facultade de Ciencias da Educación da UDC Mercedes González, pola Directora do Instituto Isabel Ruso e pola profesora de Lingua castelá do Instituto Charo Vázquez.

Actividades programadas polo Departamento de Orientación para o curso 2021-22

Son actividades para realizar durante as sesións semanis de titoría.

O exalumno Martín Hermida Vázquez finalista no 16º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

En outubro de 2021 temos a exposición do 16º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO, na que un exalumno coa fotografía titulada "HOGAR", Martín Hermida Vázquez, foi finalista.

A CORUÑA MODERNISTA, polo profesor Abel Fernández Maroño

A CORUÑA MODERNISTA

Os luns 27 de setembro e 4 de outubro, o noso compañeiro do Departamento de Xeografía e Historia, Abel Fernández Maroño acompañou a dous grupos de profesores pola rúas próximas ao instituto explicando A Coruña de principios do século XX. Foi unha actividade moi grata para todos os participantes e serviu tamén para integrar ao novo profesorado.

Alumnos de STEMbach participaron na Noite Europea das Personas Investigadoras

Alumnos de STEMbach participaron na Noite Europea das Personas Investigadoras no Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (Inibic).

 

 

Santiago Vilas Subirán, alumno de 4ºESO, entrevista á ministra Teresa Ribera

Santiago Vilas Subirán, alumno de 4ºESO, entrevista a Teresa Ribera, vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Presentación Ciclos Formativos e Adultos

Presentación Ciclos Formativos e Adultos 

A recepción realizarase no vestíbulo do Instituto (porta da Praza de Pontevedra).
 
Ciclos Formativos Superiores 
Mércores 15.  19:30 2º CF AVXE e 2º GIAT
Mércores 15.  19:45 1º CF AVXE e 1º GIAT 
Comezan as clases o xoves 16 de setembro


Bacharelato de adultos 
Luns 20 ás 19:00 1º Bacharelato 
Luns 20 ás 19:15 2º Bacharelato 


ESA 
Xoves 23 ás 18:00 
Proba de nivel o xoves 16 ás 17:15 

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE DIÚRNO CURSO 2021/22: 15 de setembro (mércores)

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE DIÚRNO CURSO 2021/22: 15 de setembro (mércores)

  • A asignación do alumnado aos grupos estará dispoñible en abalarMóbil, probablemente, na tarde do 14 de setembro. Tamén en listados no vestíbulo do Instituto.
  • A recepción realizarase no vestíbulo do Instituto (porta da Praza de Pontevedra).

  • Unicamente accederá a ese espazo o alumnado citado nas horas indicadas a continuación. Rógase puntualidade.

  • O 16 de setembro haberá clases no horario habitual.

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO - 2021

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO - 2021 

O prazo para devolver os libros será 17, 18, 21 e 22 de xuño na secretaría de 9:00 a 13:00h (só se recollerán libros neses días e nese horario).

Se tes materias pendentes para setembro entregarás eses libros do 3 ao 6 de setembro na secretaría de 9:00 a 14:00 h (só se recollerán libros neses días e nese horario).   

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

 

FONDO DE LIBROS e MATERIAL ESCOLAR 2021

FONDO DE LIBROS e MATERIAL ESCOLAR 2021

  • As listaxes provisionais están publicadas no taboleiro de anuncios do Instituto (consultas de 9:30 a 13:30 en xullo, de 10:00 a 13:00 en agosto).

  • Tamén poden ser consultardas na aplicación fondolibros por aqueles solicitantes que teñan Chave365 ou certificado dixital ou equivalente.

  • A partir do 2 de agosto, de 10:00 a 13:00 h, poden recollerse nas oficinas do Instituto os vales ou cheques do material escolar.

Lidia García Veiga, premio extraordinario de Bacharelato 2021

Lidia García Veiga, premio extraordinario de Bacharelato 2021. PARABENS!

 

"A Coruña dos coidados"

Esta é "A Coruña dos coidados", a obriña de teatro de monicreques que fixemos no Club de Letras este curso. Supuxo un gran traballo e esforzo, e chegados a fin nde curso, é emocionante ver o fermoso resultado dun traballo colaborativo tan intenso e continuado. No blog do Club de Letras podedes ver a evolución, desde cando aínda as caixas do súper estaban sen pintar ata o final, coa obra completa e rematada. Agora coñecemos máis e mellor a historia da cidade, podemos mirala con outros ollos e sentir como latexa detrás dos nomes de certas rúas o corazón dun ou dunha coidadora.
 
Pola miña parte estou tremendamente satisfeita e orgullosa deste grupiño de alumnos e alumnas. Fachendosa! Como diriamos na miña terra. Este traballo é o resultado dunha actividade que, por riba de todo, foi conxunta, onde cada un e unha foron, e fomos, unha peza fundamental.
 
Por todo o traballado e vivido este curso, grazas.
 
Unha aperta enorme e ata o próximo curso!
Dulce Fernández.
 
 
 

Lidia García Veiga, alumna de 2º Bac, becaria de grado 2021 da Fundación "la Caixa". PARABÉNS!!

Lidia García Veiga, alumna de 2º Bac, becaria de grado 2021 da Fundación "la Caixa". PARABÉNS!!

facer clic no recadro "Becarios y becarias 2021": 

Aquí Lida na recepción coa alcaldesa da Coruña Inés Rey:

Distribuir contido


by Dr. Radut