Equipo directivo
Correspondentes xuvenís 3.0_ Carné Xove
Enviado por Anónimo o Ven, 01/03/2019 - 17:05Fai un par de meses comezamos a colaborar no programa "Correspondentes xuvenís 3.0" de xuventude.org da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO a través do taboleiro de novas e do instragram e da radio de Palas FM os de 1º de Bach. convertéronse en "antenas informativas" que se encargan de seleccionar a información que lles chega e difundila a través de distintas canles.
Nova emisión en Radio Palas FM - Correspondentes Xuvenis
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/02/2019 - 18:10E un xoves máis continuamos co programa de "Correspondentes Xuvenís" en Radio Palas FM, nesta ocasión tocoulle a quenda a Lucía, Noemí, Sonia e Laura de 1º de Bach. Desta volta informáronnos sobre:
- Cursos de idiomas en Europa.
- Probas e acceso a ciclos formativos
- Probas para a obtención do título da ESO
- Galiciencia
- Saúde e bos hábitos
- Como ser profesor/a de autoescola
- Etc.
E algunha cousiña máis que non te podes perder!!!
O vindeiro xoves daranlle o relevo outros/as compañeiros/as de 1º de Bach para seguir informándonos a través das ondas, mentres tanto podedes ver un pequeno resumo en imaxes das nosas alumnas na radio.
Corresponsales Xuvenís - Radio Palas FM
Enviado por Anónimo o Xov, 24/01/2019 - 20:34Hoxe, volvemos á radio para seguir co programa de "Correspondentes xuvenís" como cada xoves.
Nesta ocasión contamos con Noel, Alex, Adrián e Marcos de 1º de Bacharelato, os cales nos informaron sobre diversos temas de interese xeral.
Correspondentes Xuvenís 3.0
Enviado por Anónimo o Sáb, 19/01/2019 - 01:41Esta semana comezamos a andaina do programa “Corresponsais xuvenís 3.0", nel participan algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, de 1º de Bach. e unha alumna de 2 Bach. O alumnado convértense durante o curso en “antenas informativas” que se farán eco daquelas novas que, a criterio deles, consideren máis importantes. Deste xeito, facilitarannos información sobre axudas, concursos, recursos…. que todas as semanas chegan ao centro a través de xuventude.org da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
O alumnado de 3º da ESO é o encargado de ter actualizado o taboleiro de novas do centro, as alumnas de 4º da ESO e 2º de Bach. da rede social “Instagram” e o de 1º de Bach. todos os xoves infórmanos a través da radio de Palas.
Se queredes estar informados non vos perdades as nosas redes e escoitádenos nas ondas todos os xoves!
25 NOV _ Día Internacional contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o Mar, 08/01/2019 - 20:20
25 NOVEMBRO _ Ciclo de curtametraxes de autora contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o Dom, 09/12/2018 - 23:36
25 NOVEMBRO. DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES
Enviado por Anónimo o Dom, 25/11/2018 - 18:16O venres, 23 de novembro, no instituto levamos a cabo varias actividades para dar visibilidade ás diferentes violencias que se exercen sobre as mulleres: física, verbal, económica ….
Horarios dos grupos
Enviado por Anónimo o Sáb, 13/10/2018 - 23:06Nos seguintes enlaces podedes acceder aos horarios dos grupos da ESO, FP Básica e Bacharelato.
ESO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »