25 NOVEMBRO _ Ciclo de curtametraxes de autora contra a violencia de xénero

 

Durante a semana do 26 ao 30 de novembro levamos a cabo un "Ciclo de curtametraxes de autora contra a violencia de xénero" no tempo de lecer.   

Queremos agradecer ás directoras que nos facilitaron o acceso as súas curtas para que as puideramos proxectar as nosas alumnas e alumnos, grazas a Sonia Méndez, Xisela Franco, Olaia Sendón e a Noemí Chantada.  

Tamén quero darlle as grazas a Cristina Galdo, orientadora no IES Xulián Magariños, que foi a encargada de falar coas directoras para que este proxecto se puidese levar a cabo. 

Ademais é destacable que este plan púxose en marcha en diferentes institutos de Galicia, a través dos departamentos de orientación do IES Xulián Magariños (Cristina), IES do Barral (Míriam), IES Félix Muriel (Martina), IES Rosales 2 (Támara) e no noso centro, o IES do Camiño. 

 

Así que con flocos de millo e moitas ganas, fómonos de cine toda a semana: 

  • Maioría oprimida de Eleonore Pourriat.
  • Conversa cunha muller morta de Sonia Méndez
  • Ei, guapa! de Sonia Méndez
  • La mujer invisible de Noemi Chantada
  • ½ de Olaia Sendón.
  • Despierta! Wake up dos alumnos e alumnas do IES Élaios de Zaragoza.
  • Sin pensarlo dos veces do IES Carrús de Elche (Alicante). 

Grazas a todas e todos os que colaborastes para que este proxecto saíse adiante! 

Velaquí un pequeno resumo en imaxes ....