Equipo directivo

Charla sobre diversidade afectivo-sexual, contra a LGTBIfobia e igualdade de oportunidades

As persoas pertencentes ao colectivo LGTBI+ poden vivir diferentes situacións discriminatorias, aumentando o nivel segundo o descoñecemento sobre o colectivo concreto.  A sociedade e cada nivel social ten construído un imaxinario colectivo baseado en prexuízos e estereotipos sobre os diferentes exemplos de diversidade afectivo-sexual. Isto provoca que haxa que facer de maneira obrigatoria un esforzo especial por visibilizar as diversas identidades, formas de ser e orientacións sexuais que foron tachadas como minoritarias ou “non normativas”, posto que o nivel de aceptación non está de todo asegurado na nosa sociedade. 

De aí que a educación sexa un instrumento de empoderamento fundamental, xa que servirá para construír a cidadanía do futuro, sendo a vía para a toma de conciencia das discriminacións que existen. Por tanto, queda claro que unha das necesidades da diversidade no camiño á aceptación de todos os modelos é, dalgunha maneira, traballar a súa visibilidade 

Por este motivo, faise indispensable integrar a diversidade afectivo-sexual e familiar na realidade diaria do alumnado, espertar a conciencia da súa existencia e tratala desde o respecto e a convivencia pacifica.

Por iso coa CHARLA que hoxe tivemos no INSTITUTO buscamos sensibilizar, formar e impulsar a colaboración activa da comunidade educativa no coñecemento, visibilización e valoración da diversidade afectivo-sexual para a mellora da convivencia, a prevención da LGTBIfobia e a promoción da igualdade de oportunidades e a equidade para todo o alumnado.

Grazas a CRISTINA PALACIOS CASTRO, presidenta de ARELAS, por facer desta xornada una formación dinámica, participativa e na que se deu visibilidade a diversidade afectiva-sexual e a LGTBIfobia, fomentando a valoración das persoas, o dereito á diferencia e ás relacións respectuosas e saudables fóra de homofobia, lesbofobia e transfobia na contorna educativa. E na que ademais puxo  o corazón. 

 

Agora toca remover conciencias e reflexionar sobre o aprendido. 

Encontro coa dinamizadora xuvenil da RGDX

O venres visitounos Zoe Prieto, dinamizadora xuvenil da RGDX para informar aos correspentes xuvenís dalgúns dos programas existentes, tales como carné xove, xuventude crea ... e puideron trasladarlle, eles e elas, as súas dúbidas e suxestións 

Carné Xove

Dende este venres, 25 de xaneiro, os correspondentes xuvenís do IES do Camiño xa teñen o seu carné xove gratuíto polo traballo que realizan semana tras semana. Así que xa poden empezar a obter descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Plan Director: "Novas tecnoloxías e novas adicións"

Hoxe, xoves 23 de xaneiro, contamos con Ramón Peña, formador da Garda Civil, que impartiu unha charla sobre “Novas tecnoloxías e novas adicións”, ao alumnado de 1º e 2º da ESO, dentro do marco do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros educativos, onde aprendemos sobre como xestionar a nosa identidade dixital en redes sociais e seguridade.

Visita aos centros integrados de Formación Profesional

O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO, 2º de FP Básica e 2º de Bacharelato visitou os centros integrados de formación profesional de Lugo: CIFP As Mercedes e CIFP Politécnico ademais de ir ao IES Sanxillao, onde os alumnos/as da familia de hostalería nos deleitaron co xantar elaborado e servido por eles e elas. 

Referentes Galegas nas Aulas

O programa “Referentes Galegas nas Aulas” achegounos a mulleres que son referentes en diferentes sectores profesionais, deste xeito,  as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO puideron comprobar como desenvolven o seu traballo e como son profesionais  de éxito no seu ámbito laboral, ademais de servirlles de exemplo aos que seguir e poñer de manifesto que non existe ningún ámbito labo

25 NOV_ Obra teatral: "Golpes"

O 25 de novembro, as alumnas e alumnos do instituto, puideron ver a obra teatral “Golpes” interpretada pola actriz Estibaliz Veiga. Esta obra teatral narra a historia de Pamela que é unha moza que ven de sufrir violencia machista despois de  namorar crendo nos postulados do amor romántico. 

25 NOV 2019: Día Internacional contra a violencia de xénero

Como cada ano no IES do Camiño dicimos:

  • "NON AS VIOLENCIAS QUE SE EXERCEN SOBRE AS MULLERES" 

 

Abraham Cupeiro: "Sons ancestrais"

Hoxe contamos no centro con Abraham Cupeiro, construtor e multiinstrumentista, caracterizándose pola recuperación de instrumentos perdidos no tempo e de utilizalos para crear novas  sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.

 

Programacións didácticas

A continuación podedes consultar os extractos ou as programacións didácticas dos distintos departamentos do IES do Camiño. De todos os xeitos as programacións completas están dispoñibles para a súa consulta no centro educativo, co fin de que calquera membro da comunidade educativa poda acceder ás mesmas:

DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS EXTRACTOS PROGRAMACIÓNS
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA (BiXe)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN BiXe (1º ESO)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN BiXe (3º ESO)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN BiXe (4º ESO)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN BiXe (1º BACH)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN BiXe (2º BACH)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN Cultura Científica (1º BACH)

ECONOMÍA

EXTRACTO PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FINANCIERA (2º ESO)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN 4º ESO (ECONOMÍA)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN 1º BACH (ECONOMÍA)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN 2º BACH (ECONOMÍA DE EMPRESA)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN 2º BACH (FUNDAMENTOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN)

EDUCACIÓN FÍSICA EXTRACTO PROGRAMACIÓN 
FILOSOFÍA EXTRACTO PROGRAMACIÓN
FÍSICA EXTRACTO PROGRAMACIÓN
FÍSICA E QUÍMICA (FeQ)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FeQ (2º ESO)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FeQ (3º ESO) 

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FeQ (4º ESO)

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FeQ (1º BACH)

FRANCÉS

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FRANCÉS 1º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FRANCÉS 2º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FRANCÉS 3º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FRANCÉS 4º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FRANCÉS 1º BACH

EXTRACTO PROGRAMACIÓN FRANCÉS 2º BACH

INGLÉS EXTRACTO PROGRAMACIÓN 
LATÍN, CULTURA CLÁSICA E GREGO  EXTRACTO PROGRAMACIÓN
LINGUA CASTELÁ EXTRACTO PROGRAMACIÓN
LINGUA GALEGA  EXTRACTO PROGRAMACIÓN
MATEMÁTICAS

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MATEMATICAS 1º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS 2º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS 3º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS 3º ESO APLICADAS

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS 4º ESO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MAT. APLICADAS Á CCSS I

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MAT. APLICADAS Á CCSS II

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MAT. I

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MAT. II

EXTRACTO PROGRAMACIÓN MÉTODOS EST. E NUMÉRICOS  

QUÍMICA EXTRACTO PROGRAMACIÓN
RELIXIÓN  EXTRACTO PROGRAMACIÓN 
TECNOLOXÍA  EXTRACTO PROGRAMACIÓN
XEOGRAFÍA E HISTORIA EXTRACTO PROGRAMACIÓN 
Distribuir contido