25 NOV_ Obra teatral: "Golpes"

O 25 de novembro, as alumnas e alumnos do instituto, puideron ver a obra teatral “Golpes” interpretada pola actriz Estibaliz Veiga. Esta obra teatral narra a historia de Pamela que é unha moza que ven de sufrir violencia machista despois de  namorar crendo nos postulados do amor romántico. 

 

Pamela expón como foi entrando, nese circulo , e cuestiona como en España todo segue a ser desigual para homes e mulleres. Ela recibiu moitos GOLPES pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir con todas e todos nos as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por esta situación. 

 

GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións: na adolescencia.

 

A obra acercounos a un espectáculo directo, cércano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no “savoir faire” da actriz, quen incorpora múltiples personaxes diante dos nosos ollos. 

 

Grazas ao CIM por facer posible esta actividade que conseguiu remover conciencias, dar visibilidade e poñer de manifesto a violencia que sofren as mulleres. 

 

Aquí un pequeno resumo en imaxes: