A rateira

 

Resultado de imagen de a rateira

 

 

A  rateira Agatha Christie

No mes de maio, o alumnado de 3º ESO A reunímonos en varios recreos para falar da obra de teatro  A  rateira  de Agatha Christie.

 Na obra, Giles e Mollie Ralston inauguran a súa nova casa de hóspedes nos arredores de Londres e esta converterase  por uns días no epicentro dun macabro xogo criminal cun asasino solto entre os seus clientes. Illados por unha tormenta de neve e sabendo que calquera deles pode ser a próxima vítima, os oito ocupantes da casa, un dos cales é un sarxento de policía, deberán pescudar quen é o asasino e quen está chamado a ser o próximo cadáver antes de que sexa demasiado tarde.

O libro gustounos moito. A trama estaba ben artellada e consegue manter ata o final a intriga. Os personaxes están perfectamente perfilados. Son xente común, pero a maioría ten un pasado escuro do que apenas falan e que queren esquecer. A. Christie consegue que desconfíes de calquera deles como autor dos asasinatos, aínda que o culpable resultou ser o que menos parecía.

Ademais, pareceunos interesante o feito de que a autora denuncie a través da peza o maltrato infantil e as consecuencias que calquera acto poden traer para os demais.

Algúns, con todo, cremos que hai algunha pequena incongruencia,  como que os irmáns non se recoñeceran ou que Ralston e Christopher colleran tanta confianza sabendo que calquera podía ser o asasino.

Cremos que a trama está ben construída, os personaxes ben pensados e que a autora mantén a tensión ata o final. Este foi para a maioría de nós sorprendente.

 

                                                          Alicia, Mateo, Leyre Ramallo, Silvia, Brais, Adriana, Hugo, Ana, Miriam, Cristian, Pedro e Eva 

                                                                                                                                                              3º ESO A