O noso alumnado de 3 da ESO deu o seu primeiro paso no programa Científic@s en prácticas.
A primeira actividade consistiu nunha charla impartida por José Luís Garrido, un dos investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.
Durante a sesión aprenderon a importancia do fitoplancton para o medio ambiente e os estudos que están a realizar dende o grupo de Fotobioloxía.
Agardamos con entusiasmo a seguinte sesión para atopar eses pequenos xenios que vivirán durante unha semana unha auténtica aventura científica.