Saltar navegación

Videoclip

Qué é un videoclip?

Un videoclip ou vídeo musical é unha curtametraxe que representa visualmente (con secuencias breves) unha canción.

Está pensado para a súa difusión en vídeo, televisión e internet co obxectivo de promocionar o grupo e o disco.

Son producións audiovisuais moi dinámicas que perseguen chamar a atención e seducir ó espectador con moitos efectos visuais. Para conseguilo desenvolven moitísimo a creatividade e a experimentación.

videoclip

Algunhas características comúns dos videoclips son:

  • A súa estrutura está en función do tema musical ou canción que representa.
  • O seu fin é promocionar unha canción para reforzar a imaxe do grupo ou artista.
  • É unha combinación de música, imaxe e linguaxe verbal (ás veces inclúe tamén efectos sonoros, silencio ou diálogos).
  • Crea unha linguaxe e estética específicos que marcan estilo e reforzan a publicidade da canción.

Tipos

  • Narrativo: conta unha historia coma nunha película. O cantante soe ser o protagonista da historia, mentras canta ou baila. A relación entre a imaxe e a música pode ser lineal (a imaxe repite punto a punto a letra da canción), de adaptación (aparece unha historia paralela á canción) e de superposición (cóntase unha historia independente da canción).
  • Descritivo: non narra ningunha historia. O grupo actúa e as imaxes vanse combinando coa música repetíndose na estrutura.
  • Conceptual: soe empregar a metáfora. Non conta a historia de xeito lineal, senón que crea ambiente con cores e formas que axudan a sentir coa música.
  • Mixto:  combina varios tipos.

Por qué nos seduce?

dancePorque nos ofrece imaxes fascinantes que nos atraen dende o primeiro instante e finaliza pouco tempo despois coma un todo que invita a voltar a ser visto unha vez máis.

Ademáis, todos os videoclips constrúen unha posta en escena e unha situación que os espectadores sabemos que é irreal e incrible.


A combinación das imaxes co ritmo da música fai unha relación especial entre todos os compoñentes visuais, a canción e a imaxe do grupo.



Seguindo á Dra. Ana María Sedeño

da Univesidade de Granada

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0