Saltar navegación

Composición e iluminación

Composición Audiovisual

  • Regra dos tercios: é unha forma de composición para ordenar obxectos dentro da imaxe. Esta regra divide unha imaxe e nove partes iguais, empregando dúas liñas imaxinarias paralelas en horizontal e dúas en vertical. Os puntos de intersección destas liñas os máis apropiados para colocar o obxecto ou personaxes  a gravar.
tercios
Wikipedia. Regra dos tercios (CC BY-SA)

Iluminación a tres puntos

A iluminación a tres puntos é unha técnica básica empregada en vídeos, filmes e fotos para os personaxes que non están en movemento.

Consiste en iluminar ó obxecto ou personaxe cunha luz principal ou clave, unha contraluz dende arriba e unha luz suave de recheo dende o costado.

Así se consegue moi boa iluminación e se evitan as sombras, facendo que o obxecto se vexa en tres dimensións, separado do fondo.e só contamos cun foco de luz, pódese empregar unha superficie branca para reflexar a luz.

iluminacion

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0