Saltar navegación

Equipo Técnico

Director/a

O director/a é a persoa que dirixe a rodaxe do vídeo musical, da instruccións ós actores, decide a posición da cámara, supervisa o decorado e o vestiario, e todas as direcciondemais funcións necesarias para que a gravación saia perfecta.

Na fase de pre-produción debe intervir na realización do guión técnico (planos, movementos de cámara, angulación...), no casting de actores, na localizacións (escenarios naturais), decorados...

Debe coordinar a  todos os equipos de traballo e profesionais.

Cámara e claqueta

camaraO camarógrafo/a, operador/a de cámara ou simplemente cámara, é a persoa encargada de manexar a cámara na rodaxe. Debe levar a imáxenes o guión técnico, no que se especifican os planos e a súa duración dentro dunha escena.

O seu traballo consiste en saber a posición da cámara, os movementos con ou sen desprazamento e a correcta utilización da imaxe, informando en todo o momento ó director/a.

Os movementos de cámara deben ser fluidos e lentos para non molestar ó espectador.

Nas gravacións o cámara deberá ter sempre presente a composición e a Regra dos tercios (regra que divide unha imaxe e nove partes iguais, empregando dúas liñas imaxinarias paralelas en horizontal e dúas en vertical. Os puntos de intersección destas liñas os máis apropiados para colocar o obxecto ou personaxes  a gravar).

  • CLAQUETA: é unha pizarra na que se anotan unha serie de datos que identifican cada unha das tomas nas que se divide unha produción audiovisual. Os datos que debe conter son:

                                              - Título do videoclip

                                              - Data

                                              - Número de secuencia

                                              - Número de plano

                                              - Número de toma (unha toma é cada repetición dun plano)

Un dos membros do equipo de cámara encargarase de colocar a claqueta en fronte á cámara e gravaranse algúns segundos antes da toma.

claquetaCantar a claqueta: nas rodaxes con gravación de son en directo, a persoa que manexa a claqueta mantén en alto a barra articulada e, no momento en que a cámara comeza a rodar, recita en voz alta o númeo de secuencia, de plano e de toma. A continuación, cun movemento rápido, golpea a barra articulada contra o borde superior da claqueta, facendo un ruído seco (clak).

Na post-produción, o técnico busca na imaxe o momento preciso no que a barra golpea o borde da claqueta. Do mesmo xeito, na gravación de son localiza o clak. A coincidencia de ambos os dous punto permite sincronizar a imaxe e  o son que foron rexistrados por separado.

Iluminación e Son

fSerá o técnico/a encargado de conseguir e colocar os focos seguindo a técnica básica de iluminación a tres puntos, que consiste en iluminar ó obxecto ou personaxe cunha luz principal ou clave, unha contraluz dende arriba e unha luz suave de recheo dende o costado.

Este técnico encargarase tamén do son do playback, é dicir, porá a canción de fondo para que os actores a interpreten sincronizando os beizos coa letra.


Técnico/a de Post-produción

Este técnico/a encargarase  da manipulación do material audiovisual gravado, da edición, montaxe e efectos especiais seguindo o guión.

Tamén editará e montará o Making of do videoclip.

Terá que procesar e editar as tomas de vídeo da rodaxe:

                         - Captura de imaxes no ordenador

                         - Edición: selección e manipulación das tomas co editor de vídeo.

                         - Montaxe: xuntar e sincronizar todas as pistas, colocación das escenas, música e efectos.

                         - Publicación do videoclip en formato .avi

O Movie Maker (para Windows) e o Openshot (para Linux) son dous editores de vídeo asequibles para o noso traballo de post-produción. Aquí temos os seus titoriais:

moviemaker                                openshot

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0