Saltar navegación

Fases de elaboración

 

O guión é a base do proxecto audiovisual, polo que debe estar moi ben pensado e traballado.

O método máis habitual para escribir un guión pasa por distintas etapas que nos levan dende o máis abstracto ó concreto: idea, argumento, sinopse, tratamento, guión literario, guión técnico, story board.

1.- IDEA: É semente do guión, unha pequena descrición do que trata a historia. Preferiblemente buscaremos ideas orixinais.

2.- ARGUMENTO: consiste en desenvolver a idea narrando a historia completa. Soe narrarse en tempo presente e aparecen os personaxes e acontecementos principais.

3.- SINOPSE: é o desenvolvemento esquemático e completo do argumento onde están todos os acontecementos importantes na orde secuencial na que aparecerán, incluído o final.

4.- TRATAMENTO: é o desenvolvemento da acción dividido en escenas, redactado en presente e en terceira persoa.

5.- GUIÓN LITERARIO: é unha sucesión de escenas e secuencias dialogadas e acotacións explicativas nas que os personaxes quedan perfectamente caracterizados polo que fan e din. É a ferramenta clave para a rodaxe.

6.- GUIÓN TÉCNICO: escríbeo o director, engadindo a planificación detallada do modo no que se gravarán as escenas, tipos de planos, angulación, movemento... É a interpretación do director da historia.

7.- STORY BOARD: ás veces trasladase ou engádese ó guión técnico o debuxo do plano ou ángulo que queremos gravar.

Para a realización do noso videoclip seguiremos as seguintes fases: idea, argumento, tratamento, guión técnico e story board.


 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0