Saltar navegación

Ángulos

Tipos de ángulos

O ángulo de cámara é a posición na que se coloca para gravar.

Unha escena pode ser filmada dende varios ángulos ó mesmo tempo, creando efectos, emocións e percepcións diferentes da escena no espectador.

  • Ángulo normal: o ángulo de cámara é paralelo ó chan e a cámara está colocada á altura dos ollos do personaxe. É o ángulo máis utilizado.
  • Picado: a cámara recolle dende arriba cara abaixo, por enriba da altura dos ollos, orientada cara o chan. Representa a un personaxe débil e inferior, posto que parece máis pequeno en relación ó entorno.
  • Contrapicado: a cámara grava de abaixo cara arriba, por debaixo dos ollos. Representa a un personaxe forte e superior, xa que parece máis grande en relación ó entorno.
  • Cámara subxectiva: técnica que mostra mediante a cámara o que ve o personaxe, actuando coma se fose os ollos do actor.

Ángulos Picado e Contrapicado

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0