Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra á muller todo a comunidade educativa do IES Cabo Ortegal realiza unha serie de actividades no instituto ás 11:00 horas para logo ir hasta o Concello de Cariño onde haberá un acto institucional a partir das 12:00 horas. Todos os participantes deberán acudir cunha camiseta ou similar de cor branca.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación en colaboración co Concello de Cariño
o venres, 15 de novembro volven os Recreos de Micro Aberto!!
No marco do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, mañá inauguramos os deste curso con Pablo, profe do Club de Ciencias Ortegal, que nos contará moitas cousas interesantes sobre unha das súas paixóns, a astronomía. Non o perdades!
Organizan os equipos de Biblioteca, do Club de Ciencias e do DLG
LECTURAS CIENTÍFICAS Vistes estes días a mesa instalada na entrada da Biblio? Neste #mesdaciencia algúns libriños saíron dos estantes e están esperando a que os levedes á casa! Astronomía, física, botánica, zooloxía... Hai para tódolos gustos! A que esperades?
No primeiro dos Recreos Científicos deste mes ca ciencia en galego, que se desenvolveu o xoves 7 de novembro, Os alumnos de 4º ESO David, Ce, Dani e Álex realizaron o experimento do ovo saltarín e explicáronnos o proceso de osmose.
Organizan os equipos de Biblioteca, Club de Ciencias e DLG
Este mes de novembro volve a ciencia en galego á Biblio! Volven os Recreos Científicos, organizados polo @club_ciencias_ortegal, o @edlg_ortegal e a Biblioteca!
Tódolos xoves o alumnado do Club de Ciencias presentaranos os seus experimentos.
Durante o Samaín, un terrible crime sucedeu no IES Cabo Ortegal. O martes amencemos coa noticia do asasinato da xefa de estudos do que se fixeron eco os xornais.
Seis grupos de intrépidos estudantes da ESO ofrecéronse voluntarios para investigar o crime. Tras seguir as pistas e analizar as probas atopadas pola planta baixa do instituto, descubriron que o culpable foi o xefe de estudos de adultos, que quería quedar co despacho de Elisa.
O culpable xa dorme na cadea e os nosos investigadores recibirán a súa recompensa nos próximos días!
O 24 de outubro a clase de 1º ESO participou na formación de inicio do curso para coñecer a Biblioteca e aprender a usar os seus recursos. Nesta sesión, o novo alumnado coñeceu as instalacións da Biblio, descubriu algunhas actividades que se desenvolven nela e aprendeu como estaban organizados os fondos e a buscar de xeito autónomo os materiais que precisan. Tamén recibiron o seu número de lector e aprenderon como teñen que facer para levar materiais prestados. Encántanos que esta rapazada veña á súa nova Biblio tódolos recreos!!!
Participa na VI edición do Concurso de fotografía matemática do IES Cabo Ortegal, organizado polos Departamentos de Matemáticas e de Educación Plástica, xunto coa Biblioteca, o @club_ciencias_ortegal, e o @edlg_ortegal. Prazo de presentación: do 27 de maio ó 7 de xuño.
A Biblioteca, o @edlg_ortegal e o @club_ciencias_ortegal convocamos a segunda edición do Certame de Microrrelatos Científicos do IES Cabo Ortegal. Anímate a participar!
Sabías que Luísa Villalta era da Coruña? E que, ademais de escritora, foi música? Na exposición da planta baixa puidose coñecer máis datos interesantes sobre a protagonista do Día das Letras Galegas.
Foi unha mañá xenial na que gozamos da nosa literatura, do noso folclore e da nosa cultura e homenaxeamos a Luísa Villalta. Velaquí as primeiras mostras do que vivimos 1. O Grupo Cabo Ortegal interpretando a "Polca do Saviñao" 2. Sara e Kiara recitando poemas de Luísa Villalta 3. Zoe e Celina recitando a Celso Emilio Ferreiro 4. Os mellores presentadores 5. Poder Pita bailando "Pico e pala" 6. Os Xacobeos interpretando "Compañeiro, sei tocare" 7. Ángel tocando a súa "Muiñeira" 8. O noso fantástico xurado 9. Sabela e Andrea tocando o Himno galego Dende aquí queremos darlle as grazas ó Concello por cedernos as instalacións do Auditorio Municipal nesta xornada e, sobre todo, a todo o alumnado participante que fixo este festival posible
Neste mércores 15 de maio de 2024, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño facemos pública a resolución do xurado da cuarta edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, convocado en colaboración coa Biblioteca Escolar.Para acceder ó documento pica aquí.
Parabéns a tódalas persoas gañadoras e moi especialmente ó alumnado do noso centro, que recolleu os seus premios durante o Festival das Letras celebrado esta mañá no Auditorio Municipal.
As persoas que asistimos ó recreo de Micro Aberto do pasado martes tivemos a sorte de coñecer un pouco máis sobre a India da man dunha autóctona. Kirti, a nosa auxiliar de lingua inglesa, descubriunos algunhas curiosidades sobre o seu país. Falounos da súa cultura, amosounos algúns costumes, descubriunos a persoeiros importantes, contounos datos sobre a súa gastronomía e moito máis! Grazas, Kirti! E si ti tamén queres descubrir cousas tan interesantes coma esta, non faltes á próxima cita dos #recreosdemicroaberto!!
A semana pasada, o EDLG e a Biblio repartimos entre o alumnado e o profesorado estes marcapáxinas para homenaxear a Luísa Villalta. Verdade que son chulos? As ilustracións foron obra de Yuliia e Andrea, as gañadoras do concurso de retratos do #díadasletrasgalegas. Parabéns, rapazas!
Durante o 2º trimestre, o alumnado colaborador do EDLG desenvolveu a campaña @aquitamensefala e repartiu polos establementos cariñeses cartaces que promoven o uso do galego. Neste Mes das Letras, iremos dando a coñecer nas redes os locais e colectivos que se uniron á iniciativa, mais de momento podedes ver un adianto nos corredores. Grazas a tódalas persoas que se sumaron á campaña e, en especial, ó noso alumnado dinamizador!
O martes 14 de maio, celebrouse en Santiago a XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA. A nosa compañeira Ana acudiu a relatorios sobre dinamización, teatro e achegamentos á lectura da man de persoas como a autora Arantza Portabales @arantzaportabales, o dramaturgo Artur Trillo ou a ilustradora Julia Lago @quepasajuliA Anotamos moitísimas ideas e títulos para incorporar o próximo curso!
O pasado venres, 3 de maio, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato integrado por Sara Armada, Carmen Fustes, Zoe Gómez, Alba Martínez e Laura Salgueiro, xunto coas profesoras Bea Otero, Patricia Vázquez e Sara Filgueira, participaron no II Congreso Nacional Escola Rural, celebrado en Ribadavia. Alí, as nosas representantes deron a coñecer ante profesionais da educación de toda España os proxectos e actividades que se levan a cabo no noso centro. Grazas ó CFR de Ferrol por contar con nós para esta actividade.
Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na segunda sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 29-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.
Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.
Segunta parte A modo de práctica, os asistentes crearán as suas propias animacións en stop motion. Finalmente, cada participante fará un plano ou máis a partir dun guión gráfico, cada un destes planos corresponderase cunha parte dun filme. Deste xeito e entre todos trataremos de facer unha pequena curtametraxe.
A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca e o departamento de Educación Pástica.
Con motivo do Día do Libro, o alumnado de 2º ESO visita, de 11:30 a 14:00 horas, o CEIP Manuel Fraga Iribarne para compartir cun grupo de primaria a lectura dunha selección de textos.
Organizan a Biblioteca e os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.
Foi unha xornada ben bonita xa que a rapazada de 2ºESO foi de visita ó Cole para lerlles uns textos ós máis pequenos e lemos fragmentos dalgunhas obras insispensables da literatura europea