Skip to Content

Actividades

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

19/01/2014 09:34
19/01/2014 09:34

CONCURSO MARCAPÁXINAS

OBXECTIVO: HOMENAXEAR A MULLER

Co gallo do día da Muller Traballadora (8 de marzo), o equipo de Biblioteca e ENDL, coa colaboración do Departamento de Plástica organiza un concurso de marcapáxinas. Para darvos ideas e axudarvos a elaboralos faranse dous obradoiros na Biblioteca os días 24 e 31 de xaneiro nos recreos. Tedes que traer anacos de  papeis de cores de cartón e cintas, cola, clips, tesoiras e imaxinación. Podédesvos apuntar na biblioteca.

BASES:

1. Elaboración dun marcapáxinas con este tema.

2. Idioma:galego.

3. Materiais: calquera.

4. Valoración: deseño, traballo e elaboración.

5. Entrega: nun sobre que levará o pseudónimo e dentro irá o traballo e un sobre pechado coa identificación do autor.

6. Data de entrega: 28 de febreiro na Biblioteca.

7. Entrega de premios: 7 de marzo no primeiro recreo na Biblioteca.

Magosto

09/11/2012 12:20
09/11/2012 14:00

Celebración do magosto, con xogos populares, actividades deportivas e degustación de castañas asadas.

Día: 9 de novembro

Hora: 12:20 a 14:00

The Beatles: 50 anos

29/11/2013 10:10
29/11/2013 12:20

Actividade do equipo da biblioteca e do Departamento de Inglés.

The Beatles: 50 anos. Escoller a canción preferida dos Beatles dentro das que están catalogadas como as 10 mellores. Escoita das cancións na biblioteca, letra das cancións colgadas nun tablón e votos na propia biblioteca.

Temporalización: Semana do venres 29 de novembro ao xoves 5 de decembro de 2013. 

Grupos: Todo o centro.

Horario: Os recreos.

Lugar: A biblioteca.

Samaín / Halloween

30/10/2013 10:10
30/10/2013 12:20

Actividade do equipo da biblioteca.

Disfraces e concurso de sobremesas:

·         1º recreo, exposición de sobremesas e valoración do xurado 

·         2º recreo, fallo do xurado e entrega de premios  

Día: Mércores 30 de outubro de 2013.

Grupos: Todo o centro.

Horario: Os 2 recreos. 

Lugar: A biblioteca.

Día Internacional da biblioteca

24/10/2013 10:10
24/10/2013 12:20

Actividade do equipo da biblioteca.

Celebración do Día internacional da Biblioteca coa actividade titulada: “Mostra e conta”. Trátase de que os alumnos mostren o seu libro favorito e que conten o porqué, que fagan un breve resumo e falen un pouquiño do seu autor/a. Poden tamén contar qué tipo de libros len a miúdo, os seus autores preferidos ...

Día: Xoves 24 de outubro de 2013. 

Grupos: Todo o centro.

Horario: Os 2 recreos. 

Lugar: A biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut