Skip to Content

Actividades

3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC GALEGO PARA ADOLESCENTES

18/11/2024 11:30
18/11/2024 13:10

O alumnado de 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC participan na conferencia-espectáculo de Avelino González Galego para adolescentes o luns 18-11-24 de 11:30 a 13:10 horas.

 

Organiza o departamento de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Cariño

 

TODOS: MAGOSTO 2019

11/11/2019 16:00
11/11/2019 17:40

Como todos os anos no IES Cabo Ortegal o luns 11 de novembro de 16:00 a 17:40 horas celebramos o magosto cunha xornada na que toda a comunidade educativa pasa unha tarde muy animada cos xogos populares e a degustación de castañas asadas.

Non podemos olvidarnos de agradecerlle ao concello a súa colaboración, proporcionándonos o asador para as castañas, a leña e os xogos populares, e a toda a comunidade educativa que dedicou parte do seu tempo en preparar as castañas para poder asalas.

ESTADES TODOS CONVIDADOS E DISFRUTADE DA XORNADA!!!!

CHARLA DE AMELIA TIGANUS

30/10/2019 11:00
30/10/2019 13:00

Todo o centro asiste á Casa da Cultura o mércores 30-10-19 de 11:00 a 13:00 horas a unha charla-coloquio sobre a violencia de xénero e trata de persoas impartida por Amelia Tiganus, supervivente dunha rede de trata e prostitución.


NAIS/PAIS CHARLA "SUPRIME O CONTROL"

16/05/2019 17:00
16/05/2019 19:00

As Nais e pais do noso alumnado participan nunha charla, dentro do programa "Suprime o Control", na que se ofrecerá unha visión sobre a problemática sobre a violencia de xénero e se achegaránn unhas pautas e ferramentas que permitan abordar dita problemática dende o entorno familiar

FESTIVAL DE ENTROIDO

01/03/2019 10:00
01/03/2019 13:30

Toda a comunidade educativa celebrará o Entroido nun horario especial de 10:00 a 13:30 horas. E para que todos podamos participar suspéndense as clases, de mañá e tarde, no seu horario habitual.

HORARIO DO FESTIVAL DE ENTROIDO

01/03/2019 10:00
01/03/2019 13:30

Para celebrar o Entroido teremos unha xornada especial co seguinte horario:

  • 10:00 horas: Chegada dos autobuses e subida do alumnado ás aulas onde se pasará lista.
  • 10:00 – 10:30 horas: Tempo para que aquel alumnado que o desexe poida ultimar os seus disfraces.
  • 10:30 – 11:30 horas: Concurso de disfraces. Premio dunha cea para os grupos que queden en 1º e 2º lugar (Iniciativa da ANPA Beiramar. Xurado composto por dous representantes da ANPA, dous representantes do centro e un representante do Persoal de Administración e Servizos).
  • 11:30 – 13:30 horas: Actuacións musicais, Fhotocall e invitación a chocolate con chaolas.
  • 13:30 horas: Fin da xornada escolar e saída dos autobuses.

As clases reanudaranse de novo o xoves 7 de marzo no seu horario habitual.

CHARLA CON SIMONE SAIBENE, DIRECTOR E GUIONISTA DA PELÍCULA "PELERINAXES" NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CARIÑO

09/10/2017 16:00
09/10/2017 17:40

O Concello de Cariño organiza, para todo o centro, unha charla con Simone Saibene, director e guionista da película Pelerinaxes o luns 9 de outubro de 2017 de 16:00 a 17:40 horas.

A película Pelerinaxes narra o camiño que fixeron en 1927 Otero Pedrallo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido e está inspirado no libro Pelerinaxes I de Ramón Otero Pedrayo.

Tamén se proxectou material fotográfico relacionado coa rodaxe do filme que o autor ía explicando aos presentes.

 

VISITA Á CAPELA 2017

06/10/2017 10:00
06/10/2017 14:00

O alumnado de 2º ESO realiza unha visita ao Museo Etnográfico de A Capela e ao CEIP de Mosteiro de Caaveiro en donde practicaron distintos xogos baixo a supervisión do alumnado do centro.


VISITA Á MINA DE DUNITA DE LANDOI

22/09/2017 10:30
22/09/2017 13:30

O venres 22 de setembro de 2017 o alumnado de 1º da ESO realiza unha visita á explotación mineira de Landoi invitados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia para conmemorar o Día Europeo dos Minerais. Primeiro tiveron unha charla e unha proxección sobre cómo se extrae e para qué se utiliza a dunita, despois realizaron un percorrido pola canteira, debidamente protexidos, e para finalizar foron agasallados cuns aperitivos para repoñer forzas. De esta actividade fíxose eco o diario La Voz de Galicia o sábado 23 de setembro de 2017.

Ciclo cine bélico (War horse, 2012)

29/10/2014 16:00
29/10/2014 18:30
  • Cine bélico: War horse (2012)
    • ESO, Bac, ESA, pais, nais e/ou titores legais do alumnado
    • 16:40-18:30
    • Aula Usos Múltiples
    • Dtos. Xeografía e Historia e Biblioteca

Actividades Complementarias e Extraescolares

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Podedes acceder ás distintas actividades premendo nos días destacados do calendario de actividades que aparece na columna da dereita.

A continuación tedes as actividades programadas distribuídas por cursos:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut